2 de abril de 2013

Mmmmmmm... Food!

Ola a todos!

Durante varias semanas os leóns estivemos a aprender sobre algo tan importante como é a comida. Fixemos multitude de actividades e a verdade é que aprendemos un montón de cousas de forma divertida, tal e como máis gusta.

Como é habitual en cada proxecto, aprendemos o vocabulario con xogos variados estáticos ou dinámicos, cantamos cancións, vimos vídeos, vimos, lemos e escoitamos contos... e ademais tivemos a sorte de contar cos nenos e nenas de 1º de Primaria que viñeron a cantarnos unha canción que aprenderon eles cando estaban no noso curso. Foron xeniais e cantaron moi ben... aínda que bastante alto. Quen sabe, posiblemente en dous cursos, seremos nós os que teñamos que cantarlles aos que estén en 2º de Infantil. Será divertido! Ah! Tamén fixemos un picnic!


Food feel bag
Logo de saber o vocabulario, un dos xogos constaba en escoitar o que nos pedía Ana ou un compañeiro ou compañeira e collelo da bolsa sen mirar. "1 biscuit, please!", "2 bananas and 1 apple, please!", "1 sandwich and 3 sausages, please!"...



Food hide & seek
Outro xogo era atopar a comida que escolleramos ou nos tocou e que algún compañeiro ou compañeira se encargou de agochar pola aula. O difícil e complicado non só era buscar senón gardar o segredo cando o que atopabamos non era o noso...



Primary 1 comes to sing
Que afortunados que fomos! O grupo de 1º de E.P. veu á nosa aula a cantarnos unha canción que estabamos a aprender... "I like bananas!". 



Food colouring ws
Unha das actividades que nunca falta é a de colorear aquelo que estamos a traballar.

Food game and song
Outro dos xogos era escoitar unha canción sobre comida e colocar as palabras que escoitabamos por toda a aula e logo cantar a canción en grupos e buscar os debuxos das palabras clave e correr onda eles e zampalo. Outra variante era ir só aos debuxos da comida que nos gusta e sentarnos no chan cando non.


Food picnic
Unha das cousas que máis nos gustou foi, que ao rematar o proxecto e para celebrar todo o que aprenderamos, fixemos un PICNIC! Isto xusto antes de que nos viñeran recoller á saída do cole. Tiñamos unha fame... A nosa intención era facelo fóra ao aire libre, como todo bo picnic, pero levaba varios días chovendo con ganas, polo que finalmente montamos todo na nosa aula. 
Puxemos un mantel vermello moi bonito enriba da alfombra e dispuxemos toda a comida sobre este e cando estivo todo listo... repartimos a comida!!!
Comemos bananas, apples, chocolate sandwiches e buscuits, e para beber tomamos water. E como non podía ser menos, ao rematar, recollemos todo entre todos e todas porque nos encanta colaborar e axudar sempre que podemos e nos deixan.

See you soon!

31 de marzo de 2013

Robby's toys!

Hello everyone!

Como sabedes, os nenos e nenas da clase das fadas temos un amiguiño que nolo fai pasar moi ben e que sempre nos fala en inglés. Este amiguiño é Robby Rabbit. Unha mascota e amigo de Ana, a profe de inglés, que vén moitas veces á clase para que ademais de ensinarnos inglés, tamén nos botemos unhas risas e o pasemos en grande.

Durante unhas semanas, Robby veu á clase a presentarnos á súa nai e a compartir con nós os seus xoguetes favoritos cos que puidemos facer moitos xogos divertidos e gozar xogando con eles nós sós, en grupos, con Robby e con Ana. E non só xogamos, alimentamos, coidamos e mimamos a Robby e a súa mamá, tamén lemos e escoitamos contos, pintamos, vimos debuxos animados... bueno, todo iso que tanto nos gusta aos nenos e nenas. Foi xenial!

Aquí vos deixamos unhas fotos que mostran algunhas das cousas que fixemos. Esperamos gocedes véndoas tanto como gozamos nós cando nolas facían. Deica pronto!


Robby's toys 1


Robby's toys 2


Robby's toys 3


Robby's toys 4

29 de marzo de 2013

Saca a Lingua 2013


Vaia se a sacamos!! E tamén as nosas mellores dotes escénicas. 


presentación nenas nenos 2º
DSCN3903
Por suposto, contamos cun público entregado e con moitas ganas de aplaudir.

público saca a língua 2

As actrices e actores de 1º E.P representamos, á nosa maneira, "O casamento da pulga e o piollo". 
As nenas e nenos de 2º E.P. contamos o conto titulado "Manu"

antes da actuación 2

Antes de saír á escena estabamos un pouco nerviosas e nerviosos
Amosámosvos un pouco da nosa actuación

foto 1

foto 2

foto 3

foto 4

foto5

foto 6

foto 7


foto 8
foto 9
Se recordades o obradoiro que demos en chamar o curso pasado como Saca a Lingua é un proxecto internivelar no que participamos os nenos e nenas dende 1º de EI ata 2º de EP e ten como obxectivo aumentar a nosa competencia lingüística en Galego ao tempo que o pasamos moi moi ben pois o enfoque é totalmente lúdico e no que nós somos as verdadeiras protagonistas.

O ano pasado fixemos un programa de radio e para este curso temos pensadas actividades moi variadas que inclúen todas amosalas aos nosos compañeiros e compañeiras tal e como fixemos esta primeira escea...ou quen sabe, quizais haxa sorpresa!!
 Se queredes lembrar o que fixemos no proxecto de Saca a Lingua o curso pasado pinchade aquí.

E seguimos co obradoiro todo o trimestre que queda de curso e ...xa vos iremos amosando!!

25 de marzo de 2013

APRENDENDO A RELAXARNOS


 A semana pasada as nenas e nenos de 1º E.P. aprendemos a relaxarnos con Verónica,  e tamén coa axuda dun amigo moi agarimoso, para o que tivemos que buscar un nome.


relaxación 1

Primeiro tivemos que aprender a respirar profundamente. Para iso servía o noso amigo!...colocado na barriga dicíanos se o estabamos a facer ben. Tiña que subir e baixar ao ritmo da nosa respiración.
relaxación 3-3

relaxación 2-2

Moi, moi  importante estirar todas as partes do corpo, dende os pés ate a cara, dándonos unha aperta a nós mesmas, para estirar tamén os brazos.

relaxación 5-5

Coa aquela música tan suave case nos quedamos durmidos!!

relaxación 6

O máis sorprendente foi que cado nos levantamos sentiámonos tranquilas e tranquilos e tamén contentos. E o máis importante que nos ía axudar a traballar concentrados e con serenidade.
relaxación 7-7


Grazas Vero.

24 de marzo de 2013

Unha pianista e un guitarrista moi especiais

Visita piano/guitarra 2013

Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
Neste segundo trimestre tivemos unha visita moi especial. Viñeron a visitarnos Ignacio o irmán de Alejandra, da clase das sereas, e Carmen a irmá de Cayetana da clase das fadas.  
Os dous levan moito tempo tocando a guitarra e o piano na Escola de Música Cantarela e quixeron vir a compartir con nós todo o que saben sobre estos instrumentos, que é moito. 
Aprendemos un montón de cousas e descubrimos como é o piano por dentro. Non podiamos imaxinar que dentro da caixa de resonancia puidese haber tantas cousas.
Tamén  viñeron os seus compañeiros e compañeiras Natalia, Tadeo, Aina, Lucía Pinilla e Lucía Penas. Entre todos inventaron un conto que falaba de Pepinillo e Félix, unhas personaxes moi especiais que nos axudaron a descubrir os segredos do piano e a guitarra. Tamén estiveron tocando os seus instrumentos. Tocan moi 
 ben!!!!
Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
   


E logo como non podía ser doutro xeito  deixáronnos probar a nós. 

Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
Visita piano/guitarra 2013
 
 Foi unha tarde moi chula. Graciñas a todos e todas pola visita.