Hello everyone!
Como sabedes, os nenos e nenas da clase das fadas temos un amiguiño que nolo fai pasar moi ben e que sempre nos fala en inglés. Este amiguiño é Robby Rabbit. Unha mascota e amigo de Ana, a profe de inglés, que vén moitas veces á clase para que ademais de ensinarnos inglés, tamén nos botemos unhas risas e o pasemos en grande.
Durante unhas semanas, Robby veu á clase a presentarnos á súa nai e a compartir con nós os seus xoguetes favoritos cos que puidemos facer moitos xogos divertidos e gozar xogando con eles nós sós, en grupos, con Robby e con Ana. E non só xogamos, alimentamos, coidamos e mimamos a Robby e a súa mamá, tamén lemos e escoitamos contos, pintamos, vimos debuxos animados... bueno, todo iso que tanto nos gusta aos nenos e nenas. Foi xenial!
Aquí vos deixamos unhas fotos que mostran algunhas das cousas que fixemos. Esperamos gocedes véndoas tanto como gozamos nós cando nolas facían. Deica pronto!
31 de marzo de 2013
29 de marzo de 2013
Saca a Lingua 2013
Vaia se a sacamos!! E tamén as nosas mellores dotes escénicas.
Por suposto, contamos cun público entregado e con moitas ganas de aplaudir.
As actrices e actores de 1º E.P representamos, á nosa maneira, "O casamento da pulga e o piollo".
As nenas e nenos de 2º E.P. contamos o conto titulado "Manu"
Antes de saír á escena estabamos un pouco nerviosas e nerviosos
Amosámosvos un pouco da nosa actuación
O ano pasado fixemos un programa de radio e para este curso temos pensadas actividades moi variadas que inclúen todas amosalas aos nosos compañeiros e compañeiras tal e como fixemos esta primeira escea...ou quen sabe, quizais haxa sorpresa!!
Se queredes lembrar o que fixemos no proxecto de Saca a Lingua o curso pasado pinchade aquí.
E seguimos co obradoiro todo o trimestre que queda de curso e ...xa vos iremos amosando!!
25 de marzo de 2013
APRENDENDO A RELAXARNOS
A semana pasada as nenas e nenos de 1º E.P. aprendemos a relaxarnos con Verónica, e tamén coa axuda dun amigo moi agarimoso, para o que tivemos que buscar un nome.
Primeiro tivemos que aprender a respirar profundamente. Para iso servía o noso amigo!...colocado na barriga dicíanos se o estabamos a facer ben. Tiña que subir e baixar ao ritmo da nosa respiración.
Primeiro tivemos que aprender a respirar profundamente. Para iso servía o noso amigo!...colocado na barriga dicíanos se o estabamos a facer ben. Tiña que subir e baixar ao ritmo da nosa respiración.
Moi, moi importante estirar todas as partes do corpo, dende os pés ate a cara, dándonos unha aperta a nós mesmas, para estirar tamén os brazos.
Coa aquela música tan suave case nos quedamos durmidos!!
24 de marzo de 2013
Unha pianista e un guitarrista moi especiais
Neste segundo trimestre tivemos unha visita moi especial. Viñeron a visitarnos Ignacio o irmán de Alejandra, da clase das sereas, e Carmen a irmá de Cayetana da clase das fadas.
Os dous levan moito tempo tocando a guitarra e o piano na Escola de Música Cantarela e quixeron vir a compartir con nós todo o que saben sobre estos instrumentos, que é moito.
Aprendemos un montón de cousas e descubrimos como é o piano por dentro. Non podiamos imaxinar que dentro da caixa de resonancia puidese haber tantas cousas.
Tamén viñeron os seus compañeiros e compañeiras Natalia, Tadeo, Aina, Lucía Pinilla e Lucía Penas. Entre todos inventaron un conto que falaba de Pepinillo e Félix, unhas personaxes moi especiais que nos axudaron a descubrir os segredos do piano e a guitarra.
Tamén estiveron tocando os seus instrumentos.
Tocan moi
ben!!!!
E logo como non podía ser doutro xeito deixáronnos probar a nós.
Foi unha tarde moi chula.
Graciñas a todos e todas pola visita.
22 de marzo de 2013
Visita de Ana en 1º e 3º EI
Si, si, como ledes, tivemos a sorte de contar coa visita de Ana na aula das fadas como mamá de Julián e na clase das sereas como mamá de Carlos. E con ela fixemos unhas estupendas manualidades. MIrade mirade:
Na clase das sereas fixemos uns niños de poliño, con poliños e todo.
Primeiro inchamos un globo, botámoslle cola e cubrímolo con cordón. Cando secou pinchamos o globo e "voilá"!!

depois fixemos uns poliños do máis riquiños utilizando algodón e unhas palliñas....e o resultado foi xenial!!
Na clase das Fadas fixemos un xoguete moi divertido, seguro que todos vos acordades de xogar con el. Ana presentounos todos os materiais: unha boltella de plástico, unha boliña, un fio amarelo,pegatinas,... ¿que sairía de aí?. Amosounos como sería o novo xoguete, incluso probou a meter a boliña na botella e conseguíuno moitas veces....

Despois fumos paso por paso, primero fixemos unha boliña de pasta branca.

o seguinte paso, cortar as botellas, decorar cada neno e cada nena a nosa con pegatinas e meter a nosa
boliña no fio.

E xa estaba listo, pero tivemos que deixar o noso xoguete en repouso porque a boliña ainda non estaba lista para xogar..
Estivemos moi contentos e participativos, moi emocionados da túa visita Ana e seguro que gozaremos moito do noso novo xoguete.
Moitas grazas Ana, esperamos as seguintes colaboracións con moita ansia!!
É un pracer contar coa vosa presenza nas aulas.....seguídevos animando familias!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































