6 de mayo de 2012

Semana do Libro 2012

Co gallo da celebración do día do Libro o pasado 23 de Abril, os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Semana do Libro con moitas actividades. Ao longo de toda a semana anterior cada un de nós escolleu na casa o que é o seu "Libro favorito e o levamos á aula para compartilo cos nosos compañeiros e compañeiras para cada día ler un deles.
 O martes visitamos a Biblioteca Nodal onde puidemos gozar dunha fantástica sesión de contacontos coas sempre xeniais contadoras Fátima e Marga.
Fátima contounos un conto que está alí na biblio titulado "Os dez parrulos" e coa axuda das estupendas ilustracións fomos facendo a viaxe do parruliño que se perde e vai atopando diferentes animais ao longo de mares e ríos

biblio1
 E Marga contounos un conto sen libro peeeeeero con tesoiras. Si, si a través das tesoiras e dos papeis que recortaba fomos coñecendo ás personaxes do conto da meniña Mariña que quería ser ratiña.
biblio2 biblio3
 Despois estivemos na sala infantil de Lectura na compaña de Conchita a bibliotecaria, que como todos os anos nos ensina o funcionamento da Biblioteca e nos fai entrega dos nosos primeiros carnés de lectores e lectoras que facemos todos os anos para converternos en verdadeiros devoradores/as de libros

conchita
 Así que agora só vos queda a vós, maiores, acompañarnos con regularidade á biblioteca para facer uso dos seus fondos e viaxar a través dos libros aos máis fermosos mundos e vivir as máis apaixoantes das aventuras.
biblio4 biblio5 biblio6 biblio7
 E xa o xoves celebramos unha pequena festiña no noso corredor: a Festa do libro. E como en toda festa non podía faltar a......MÚSICA claro!!! Cantamos a canción do libro que aprendemos do disco Tic-Tac(moi moi recomendable de Pablo Díaz do que xa vos temos falado aquí no blog). E cantámola xunto con David que lle puxo a música coa súa inseparable zanfona....quedounos chulísima!!. Podedes ver a canción aquí
.
 E despois de cantar, os nenos e nenas de 2º e 3º EI quixeron compartir con todos e todas os seus libros viaxeiros aínd asen rematar xa que seguen a ir cada día ás casa dos nenos e nenas que xunto coas súas familias escreben a historia e lle dan o contido coa súa imaxinacióne escrita. u proxecto xenial que pretende desenvolver en todos nós a creatividade e gusto pola lectura e escritura. . . .
 E compartimos os libros favoritos, e lemos, e bailamos......xa sabedes unha festa!!!
.
  Tamén fixemos uns marcapáxinas, cada aula co seu deseñño, que despois expuxemos no corredor xunto cos libros favoritos para compartilos con todos e todas. MIrade que chulos:
-1º Ei inspirouse nos peixes para elaborar o seu marcapáxinas con pauiños dos de mirar a gorxa, foam e purpurina.
.
-2º Ei, con retallos de papeis de empapelar paredes fixo estas fermosas composicións
.
-31 Ei combinou a acuarela coa tea que sobrou de tinguir as camisetas (lemv¡brades aló por inicio de curso....)en forma de trenzas. .

Que ben o pasamos si señor!!!! Ata a próximaaaa.

3 de mayo de 2012

Robby at Aldán's house!

Hello!! A semana pasada Robby pasou toda unha tarde e noite na casa de Aldán coa sua familia. Fixeron todo xuntos e ao día seguinte Robby contoume todo o ben que o pasara. Na súa casa fixeron fotos que así o demostran e aquí quedan para que todos e todas poidamos gozar delas. Moitas grazas pos compartilas con nós!! 3. Milktime 4. Brush your teeth 5. Storytime 6. Bedtime

Patch at Laura's house!

Hello everyone!! Patch estivo na casa de Laura hai dúas semanas. Xogaron logo de merendar, cearon, aseáronse, durmiron xuntos e levantáronse pola mañá cedo para vir xuntiños ao cole. Patch pasouno pipa, así mo dixo e polas fotos que comparten con nós, queda demostrado. Gozade delas. Moitas grazas por compartilas con nós! 15. Laura 18. Laura 21. Laura 22. Laura

Robby at Gonzalo's house!

Ola! Hai dúas semanas o noso amigo e mascota Robby Rabbit estivo a visitar e a convivir case un día con Gonzalo e a súa familia. Contoume que merendaron, xogaron, cearon, bañáronse e durmiron, e todo isto xuntiños. Díxome que o pasara xenial, e non o dubido polas fotos que tan cariñosamente fixeron para compartir con todos nós. Aquí vos quedan para gozar véndoas. Moitas grazas por compartilas con nós! SANYO DIGITAL CAMERA SANYO DIGITAL CAMERA SANYO DIGITAL CAMERA SANYO DIGITAL CAMERA

1 de mayo de 2012

Visita papá de Aldán e....PEIXEEEEEES!!!

Xa temos peeeeeixessss!!!! Estamos moi pero que moi ilusionados cos nosos novos compañeiros e compañeiras de aula, e é que a espera foi un pouco longa porque para que o ecosistema estivese axeitado para os seus novos habitantes tiñamos que esperar un pouco e...claro!!! para nós a espera foi eterna. Estas e outras cousiñas nos veu a contar o papá de Aldán, Jaime, que ademais foi o que trouxo os primeiros peixes....e é que el sabe moito de peixes e quixo compartilo con nós a semana pasada unha tardiña. blog 5 Pirmeiro limpamos un pouco o cristal do acuario porque de darlle moito a luz directa que entraba pola fiestra estaban a aparecer alguiñas. Así que limpamos con un imán e pareceunos ata un pouco máxico, e ademais puxemos unhas cartolinas para que non entre a luz directamente. blog6 blog8 blog7 blo4 Despois estivemos tocando e mirando as plantas acuáticas que Jaime trouxo para os peixes, porque... sabedes? aos peixiños gústalles moito agocharse entre as folliñas. blog9 Tamén vimos un termómetro aínda que nos costou adiviñar o que e para que servía xa que os peixes non tiñan febre non???!!! Claro é para controlar a temperatura da auga: entre 20 e 25 ºC. E para que nós o poidamos controlar mellor o termómetro ten unha marquila verde que temos que vixiar cada día. blog10 E o último e moi importante...que comen? Pois comida de peixes!! que temos que darlles cada día os encargados/as pero con coidado de non empachalos. Por certo....comprobamos que a comida de peixes cheira moito pero que a eles lles gusta igualmente. blog11 E despois de taaaantas cousiñas interesantísimas chegou o momento máis esperado: os peeeeeeeixessssss!! Moi a modiño fomos meténdoos na auga para que se afixesen á súa nova casiña. Son GUPIS machos e femias e distínguense polas cores....e temos moitísimos!!! blog12 blog13 blogfin Estamos encantados cos noso animaliños e coas nosas novas responsabilidades no seu coidado. Grazas Jaime pola túa colaboración pasámolo moi pero que moi ben e aprendemos un montón de cousiñas. blog2 blog1