Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas

1 de mayo de 2012

Visita papá de Aldán e....PEIXEEEEEES!!!

Xa temos peeeeeixessss!!!! Estamos moi pero que moi ilusionados cos nosos novos compañeiros e compañeiras de aula, e é que a espera foi un pouco longa porque para que o ecosistema estivese axeitado para os seus novos habitantes tiñamos que esperar un pouco e...claro!!! para nós a espera foi eterna. Estas e outras cousiñas nos veu a contar o papá de Aldán, Jaime, que ademais foi o que trouxo os primeiros peixes....e é que el sabe moito de peixes e quixo compartilo con nós a semana pasada unha tardiña. blog 5 Pirmeiro limpamos un pouco o cristal do acuario porque de darlle moito a luz directa que entraba pola fiestra estaban a aparecer alguiñas. Así que limpamos con un imán e pareceunos ata un pouco máxico, e ademais puxemos unhas cartolinas para que non entre a luz directamente. blog6 blog8 blog7 blo4 Despois estivemos tocando e mirando as plantas acuáticas que Jaime trouxo para os peixes, porque... sabedes? aos peixiños gústalles moito agocharse entre as folliñas. blog9 Tamén vimos un termómetro aínda que nos costou adiviñar o que e para que servía xa que os peixes non tiñan febre non???!!! Claro é para controlar a temperatura da auga: entre 20 e 25 ºC. E para que nós o poidamos controlar mellor o termómetro ten unha marquila verde que temos que vixiar cada día. blog10 E o último e moi importante...que comen? Pois comida de peixes!! que temos que darlles cada día os encargados/as pero con coidado de non empachalos. Por certo....comprobamos que a comida de peixes cheira moito pero que a eles lles gusta igualmente. blog11 E despois de taaaantas cousiñas interesantísimas chegou o momento máis esperado: os peeeeeeeixessssss!! Moi a modiño fomos meténdoos na auga para que se afixesen á súa nova casiña. Son GUPIS machos e femias e distínguense polas cores....e temos moitísimos!!! blog12 blog13 blogfin Estamos encantados cos noso animaliños e coas nosas novas responsabilidades no seu coidado. Grazas Jaime pola túa colaboración pasámolo moi pero que moi ben e aprendemos un montón de cousiñas. blog2 blog1

31 de marzo de 2012

Semana da Auga

si, si, tamén celebramos no cole a Semana da Auga que iniciamos o pasado luns 19 de marzo e rematamos o venres 23.
Tratábase dun proxecto internivelar no que estabamos implicados todos os cursos do cole dende 3 anos ata os grandes de 1º de bacharelato, e todos e todas en torno ao tema da auga.
Nas aulas de infantil esta actividade conectou directamente co proxecto iniciado en Nadal xunto a Pedro e a ONG Rebibir que podedes recordar aquí

E empezamos con marcha, moita marcha no corpo para participar o luns na "Carreira solidaria da auga" en colaboración con UNICEF co obxectivo de racadar fondos para a construción de pozos en Níxer, un proxecto que leva por título Gotas para Níxer. Podedes ver máis información sobre este proxecto aquí
E nós, con toda a nosa enerxía, acadamos os obxectivos propostos e a carreira foi todo un éxito.
carreira auga

E nas aulas iniciamos un proxecto de investigación en toda infantil ao redor dos ecosistemas acuáticos e algúns dos seus habitantes.

Na clase do sol están a montar un acuario de auga doce. E este foi o proceso:

Lavamos o acuario e a area do fondo
limpando
limpando 2

Despois de ben limpiño meter a area dentro
area

A auga e as pedras
auga-pedras

E agora a esperar uns días a que o ecosistema se asente, se limpe e quente a auguiña para poder traer aos peixiños....ainsss cantas ganas de telos con nós e poder observar e investigar.
Xa vos iremos contando....


Os nenos e nenas da clase dos tigres escollemos as tartarugas de florida e temos unha na aula que ademais de para observar nos axuda tamén a ir asumindo algunha responsabilidade máis para o seu coidado, limpeza, darlle de comer etc.... e iniciamos o proxecto da auga con ela.
Aquí nos vedes dándolle de comer
tartaruga
Fixemos tartarugas de plastilina
DSC03802

E tamén iniciamos un proxecto de investigación que, xunto coa observación directa do animaliño, nos axudou a respostar a moitas das preguntas que nos plantexamos sobre ela.
Coas conclusións sacadas fixemos o mural que despois compartimos na exposición coxunta de todo o cole.
mural

E tivemos tamén a colaboración especial da mamá de Valeria, que quixo compartir con nós a canción e video de "La tortuga Manuelita" que trouxo dende Arxentina, o seu país de orixe. Compartimos unha tarde moi especial con ela, grazas Mariana!!
mamá Valeria

Os golfiños quixemos centrarnos nos animais das charcas e pozas.
Un día apareceu Catuxa con animais dunha poza: unha xa coñecida a ra pero había tamén outros que non sabiamos o que eran. Pensabamos que eran cágados, bebés ras, e buscando buscando e comparando coas imaxes da información que rápidamente aportamos dende as nosas casas descubrimos que era outro animal diferente....uns bebés tamén pero de Tritón. Moitos de nós non sabiamos da existencia deste anfibio e a motivación está a ser máxima para descubrir moito máis sobre eles.

tritóns

O primeiro que tiñamos que descubrir era como coidalos: como manter o seu hábitat e como alimentalos......e xa vedes na foto, rápido nos organizamos para a caza de insectos e miñocas no patio.
caza

E seguimos a observar e investigar.

Nas tres aulas elaboramos uns murais sobre o que estabamos a facer para compartir cos outros nenos e nenas do cole e as familias xa que o xoves viñeron a un acto no que un representante de cada aula explicaba o proxecto e/ou experimento que escolleran sobre a auga. E ás familias encantoulles claro! grazas pola vosa participación.

Iniciamos os proxectos nesta semana pero continuaremos ao longo de moitos días máis porque a nosa motivación é máxima. xa vos seguiremos contando.