13 de febrero de 2012

Tres, dous, un....arranca o entroido!!!

Hoxe iniciamos a semana de actividades de Entroido co obradoiro de caretas.
Os nenos e nenas da clase do sol fixemos un ratiño/a con teas que lle deron unha textura amorosiña, os nenos e nenas da clase dos tigres como non fixemos a cara dun tigre e os golfiños convertémonos en superheroes e superheroínas.
Quedáronnos ben chulas non si?
caretas 1
caretas 2
caretas 3
caretas 4
caretas 5
caretas 6
caretas 7


E tamén inauguramos o rincón de disfraces nas aulas. Xa sabedes, con calquer trapiño imaxinamos que somos un sin fin de personaxes.

disfraces

A semana promete ser do mellor. Como todos os anos faremos os diferentes obradoiros: maquillaxe, cociña e preparación de disfraces combinado co proxecto de investigación sobre a Prehistoria e os ensaios da posta en escea que terá lugar o Venres ás 15:30 no pavillón do cole, nunha montaxe na que entre todos os cursos tentaremos explicar a historia da humanidade nas diferentes épocas. Non a perdades, será unha superfesta!!!

4 de febrero de 2012

Un músico e "mestre" especial... Miguel!!!!

Estamos a piques de comezar a preparar o Entroido e entre tanto tamén acontecen cousas moi especiais. Unha desas cousas foi a visita dun dos nosos compañeiros e amigos do cole, Miguel, o irmán de Emma da clase dos golfiños. Nós xa sabiamos que era un rapaz moi divertido e simpático pero do que non sabiamos nada era que coñecía tantas cousas ao redor dun instrumento, o violín. Foi unha sorpresa para nós contar coa visita de Miguel xa que nos contou un montón de segredos sobre ese instrumento que tanto o apaixona e sobre o que tanto sabe. Debe estudar moito para saber todo o que nos ensinou.
Non podiamos deixar de escoitalo ...

golfiños 1


golfiños 2


golfiños 3


tigres 1


soles 1


Explicounos como se lle pon resina ao violín e que función tiñan algunhas das súas partes ...


tigres 2


tigres 3


soles 2


E tamén nos deixou probalo...


tigres 3


Ao final pedímoslle que nos tocara algo ... Que pasadaaaaaaaa!!!! Que ben tocaaaaaa!!!
Foi unha tarde moi especial.
Moitas grazas Miguel!!!

1 de febrero de 2012

Invitación obradoiro maquillaxe

Como todos os anos por estas datas, cando se achega o Entroido, comezamos a preparar a festa e actividades propias da época. Pero non queremos desvelarvos moito, así que só nos queda de momento invitarvos ás familias de toda Educación Infantil e 1º de EP a participar no xa tradicional obradoiro de maquillaxe que faremos o vindeiro martes 14 de febreiro de 15:30 a 16:30 hrs.

Se queredes participar falade coas nosas profes antes deste Venres día 3.

Animádevos que é unha experiencia inesquecible! Podedes ver o ben que o pasamos o ano pasado aquí.

29 de enero de 2012

Iniciamos obradoiros internivelares

Como sabedes gustamos de facer cousiñas mesturándonos nenos e nenas de diferentes idades. Este curso, como os outros, temos moitos momentos compartidos entre as aulas de Educación infantil pero tamén cos nenos e nenas de 1º EP.

Dende inicio de curso os nenos e nenas da clase dos golfiños e 1º EP, todos os luns, estivemos a facer dous obradoiros: horto e experimentos e ademais de pasalo xenial aprendimos moitas cousas máxicas.

Agora dende o incio do segundo trimestre tócanos incorporarnos aos tigres e aos soles, e os obradoiros que temos en marcha son : "Horto", "Corpo", "Somos artistas" e "Cociña".

No obradoiro de Horto iniciamos os primeiros traballos para ir preparando a terra e poder sementar. Tamén recollimos a folla e xuntámola para o compost.
horto1
horto2

No obradoiro que chamamos "Corpo" imos experimentando sensacións do noso propio corpo, a relaxación individual e tamén as masaxes en parellas. Fixemos tamén un taller de apertas que nos deixou un moi bo corpo a todas e todos e gozamos destes momentos de expresión de emocións e compartir cos demais estas xeniais sensacións.
masaxes
masaxes2
abrazos 4
abrazos 3
Abrazos2
abrazos1

No obradoiro de cociña empezamos polos "Enroladiños de salchicha" que nos saíron requetedeliciosos.

cociña3
cociña 2
cociña

No obradoiro "Artistas", grazas á nosa creatividades e un pouco de maxia, fixemos estes fermosos botes de sales de cores:
artistas 1
artistas1
artistas2
artistasss
artista

E seguiremos ao longo de todo o curso con estes obradoiros nos que ademais de aprender e sentir, gozamos do tempo compartido con outros nenos e nenas de idades diferentes e con necesidades tamén diferentes pero moi moi compatibles.

17 de enero de 2012

Os grandes ao cole....


....si, si desta volta tócavos a vós. Pero non só aos papás e mamás senón tamén aos profes.

Estamos a preparar unhas xornadas dirixidas ao profesorado de Educación Infantil, primeiro ciclo de primaria, profesionais da psicoloxía, pedagoxía e todos aqueles interesados e interesadas na educación e desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas.
Terá lugar nas instalacións do cole entre o 24 e 26 de febreiro de 2012. Aínda quedan prazas!

A poñente do curso é Yolanda González Vara, psicóloga clínica, formadora en promoción da saúde e prevención infantil e autora do moi moi recomendable libro "Amar sin miedo a malcriar".
Podedes atopar máis información sobre ela aquí.

E para as familias teremos o sábado 24 de 18 a 20hrs un obradoiro teórico vivencial titulado "As emocións infantis e as nosas". Animádevos a vir que de seguro pode aportar moito á crianza dos vosos nenos e nenas. Haberá servizo de gardería!
O prazo de inscrición remata o 6 de febreiro pero non tardedes porque as prazas son limitadas. Pedide información no cole ou a través do teléfono 982 265205, ou en curso@centrogalen.com.