26 de noviembre de 2014

Nuria e os caracois


Ola a todos e todas!
 A Clase dos Dinosaurios queremos compartir con vós as imaxes da visita de Nuria, a mamá de Antía, que colaborou connosco no Proxecto dos Caracois que actualmente estamos a levar a cabo. Coma todas as visitas de pais e nais, foi moi interesante e especial... e aprendemos moitííísimo xa que veu moi moi preparada e como di Antía: "A miña  sabe moooooito  de animais"!!! 

Nós xa sabiamos unhas cantas cousiñas sobre os caracois: que non teñen ósos, que son hervíboros, algunhas partes do seu corpo e para que serven... pero agora somos grandes expertos en caracois! Veredes..
Os caracois teñen: pulmón, corazón, pé (para andar, claro!), cabeza, tentáculos (nos longos están os seus ollos e os curtos son os seus brazos e nariz!), e tamén teñen aparello reprodutor aínda que un tanto especial porque son hermafroditas... menuda palabra! Menos mal que estivemos moi atentos e vos podemos explicar o que significa: pois quere dicir que cada un deles é macho e femia ao mesmo tempo!!!
E para poder comprender mellor todo isto que Nuria nos contaba axudounos moito unha maqueta dun caracol enoooorme no que puidemos ver en tamaño máis grande que ao natural o que estabamos a descubrir.

Visita Nuria 3

A ver a ver... pregunta! Os caracois teñen dentes? Vós que pensades? Pois sí, pero o que máis nos abraiou foi onde teñen os dentes, na lingua!!! A verdade é que son uns animais moi pequechiños pero están cheeeeos de sorpresas.

Visita Nuria 1

Estades a ver caracois neste tempo? A que non? É que nesta época do ano xa non podemos ver caracois porque hibernan, é dicir, métense na súa cuncha ata que fai menos frío e chove, que é o que a eles lles gusta (sen estar húmidos non poderían vivir), e cada vez que saen da hibernación e comen medran un pouquiño, é por isto que podemos ver nas súas cunchas varias raias de cores distintas, cada unha correspóndelle a unha hibernación! Nuria contou ao longo da súa visita coa inestimable colaboración de Antía, aquí vos amosamos o ben que nos explicaban como medra a cuncha...

Visita Nuria 2

Como vedes os caracois están cheos de curiosidades e nós gozamos moitísimo descubríndoas con Nuria. Dende aquí darlle mil grazas por conseguir que aprendesemos moitísimo ao tempo que  nos divertimos!!!

Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos sobre estes animais e se queredes ver que máis fixemos nós e algúns compañeiros e compañeiras do cole animámosvos a que veñades á exposición que presentaremos no Auditorio Gustavo Freire o 16 de decembro e que complementa un Gran Concerto en homenaxe ao escritor Manuel María... e sí, como ben imaxinades nós traballamos un poema sobre os caracois!
 Biquiños enoooormes da Clase dos Dinosaurios!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!