10 de junio de 2013

Unha viaxe emocionante: O Rexo, 2º e 3º EP

A nosa viaxe ao Rexo foi moi emocionante. Coñecemos un sitio novo cheo de sorpresas!!

O albergue da Fundación está na provincia de Ourense nun contorno natural no que a xente pretende conservar a paisaxe e os medios de vida tradicionais. 
O primeiro que fixemos ao chegar foi coñecer o albergue (que parecía un hotel e moitas veces o chamabamos así) e o contorno natural cunha visita á granxa de ovellas latxas. Puidemos coller os años e aprendemos o proceso de elaboración do queixo de ovella que está boísimo 
0 LUGAR
1 FOTO
2 FOTO
 

 O segundo día fomos a Allariz e fixemos xogos para coñecer o centro histórico e as beiras do río Arnoia. Tamén visitamos o Festival de Xardíns e entramos no labirinto. 

3 FOTO
4 FOTO
 
 Houbo tempo para xogar e as profes non o pasaron mal...
5 FOTO
  
 Pero sobre todo houbo tempo para gozar do tempo libre, do contacto coa natureza e para estreitar os lazos de amizade. Todas e todos coincidimos en que, xa que non nos podíamos quedar no Rexo, queríamos volver.

6 FOTO
7 FOTO

5 comentarios:

  1. Yupppppiiiii!!!!!!
    Pasámolo xenial!!!!!
    Vivimos moitas aventuras.
    O albergue era moi bonito e tiña unhas camas moi cómodas.
    A comida estaba moi rica.
    A festa foi espectacular.

    A clase de 3º de EP

    ResponderEliminar
  2. Fue increíble e sobre todo a comida era buenísima.
    O comedor parecía uno inglés e me encantan esas cosas.
    Espero que la próxima vez que vayamos de excursión lo pase tan bien como cuando fui a Allariz (El Rexo)
    Firmado:

    Mario Rodríguez Estevez

    ResponderEliminar
  3. Teniamos una zona de juegos muy chula y el albergue era muy bonito.
    No Rexo habia unas ovejas muy simpaticas y muy suaves.
    El viaje fue muy divertido.
    Carme.

    ResponderEliminar
  4. Grazas chicas e chicos pola participación aquí nos comentarios, isto fai do blog un lugar de intercambio estupendo!!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!