3 de noviembre de 2012

Happy Halloweeeeeen 2012!

Como xa vos fomos contando, durante dúas semanas estivemos cos preparativos necesarios para poder celebrar o Halloween. Para elo, preparamos as cancións que escenificariamos na tan ansiada festa, e non só isto, tamén fixemos, coloreamos e decoramos os nosos propios disfraces, léronnos e limos libros de bruxas e os seus gatos negros, morcegos, monstruos riquiños, cabazas, pantasmas, arañas peludas... Vimos uns debuxos animados dunha bruxa boa, o seu gato branco e negro e maila súa curuxa. Chámanse "Meg and Mog and Owl" e están baseados nos libros que lle lían a Ana a profe cando era pequena. Seica lles ten moito cariño. Introducindo o título en YouTube podemos velos tantas veces como nos deixedes. Tamén fixemos obradoiros de cabazas... En fin, unha chea de diferentes actividades para coñecer máis e mellor esta cada vez máis popular celebración de orixe celta. PicMonkey Collage Nursery 1.1 PicMonkey Collage Nursery 2.1 PicMonkey Collage Nursery 3.1 O día anterior á festa fomos á aula de música para ensaiar as nosas actuacións, tal e como fan os nenos e nenas máis maiores. Isto fíxonos sentir moi grandes, porque aínda que pequenos realmente somos grandes e así é como nos gusta que nos fagan sentir. PicMonkey Collage Rehearsal 1 Chegou o día de celebralo e no cole puidemos comprobar que todas as aulas estaban decoradas para tal ocasión, así como que moitos nenos e nenas viñeron disfrazados ao cole. Non nos asustamos, pero si nos sorprendemos de ver todo o diferente que estaban todos e todo. Ao fin chegou a tarde e logo dunha pouca maquillaxe, puxémonos os nosos disfraces e marchamos coas nosas profes e David para cantar e bailar, e pasalo moi ben para a aula de música (igual que xa fixeran pola mañá os nenos e nenas maiores do cole) Belinda, a curmá bruxa da nosa profe Ana, veu facernos a súa habitual e anual visita. Seica vive moi lonxe e sabe voar e facer maxia. Belinda é unha bruxa das boas e mesmo ten unha vasoira que a axuda a voar polo ceo. PicMonkey Collage Halloween 1 PicMonkey Collage halloween 2.1 PicMonkey Collage halloween 3.1 Logo de todo isto, voltamos a clase e cantamos o "Trick or Treat" propio para conseguir unhas chuches que comemos mentres vimos a película "Halloween with Mickey" que foi moi divertida. Como veredes, pasámolo en grande e antes de nos despedir ata a próxima, deixámosvos un vídeo que esperamos vos faga gozar tanto como o fixemos nós.








9 comentarios:

  1. Qué fiesta tan bonita!!!!! The witch has been fantastic!!! ja ja ja ja

    Susana

    ResponderEliminar
  2. David, tienes toda la razón. Tenemos que acudir a este espacio con más asiduamente. Un bonito día de colegio y una fiesta maravillosa. El aderezo, la bruja, la música y las tiernas calabazas. Animo, sois geniales. Julián.

    ResponderEliminar
  3. Hola! Vaya se me ha adelantado Julián. Me ha encantado, el montaje de Óscar. Mirta-ta-ta-ta guapísima. Me alegro de que lo hayáis pasado tan bien. Enhorabuena. Marta

    ResponderEliminar
  4. Marisol, una excelente preparación del magosto y divertida aventura para las niñas/os. David-Catu, no seguimos aplicándonos en nuestros deberes.

    hasta luego, Julián.

    ResponderEliminar
  5. Beennn. Parece que a nosa insitencia funcionou!!! veña, seguídenos que o ides gozar.Grazas polos comentarios.

    ResponderEliminar
  6. Ahhhhhhhh!!!! asi que si, xa tendes comentarios Catu!!!!! jejejejej.
    Pero que conste compañeiros que fun a primeira en ver o video de Halloween!!!!! a moita honra!!!! jejeje.
    De verdade, estivo xenial!!!!. Cris

    ResponderEliminar
  7. Los alumnos (en este caso los padres) también ponen deberes a los profesores. Estamos ansiosos por una actualización en el blog (como mínimo una antes de finalizar el mes). Este comentario tomarlo como un estímulo, dado que estamos muy contentos por la educación, cariño y cuidados con la que todos los días dispensáis a nuestros hijos. No es peloteo,,,,,,,,,,,,,, Julián.

    de contado, voltaremos...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Julián. Que ben que conseguimos que esteades "enganchados" jejejje. Xa tendes unha nova entrada dende o 12 de novembro sobre o nome das clases!!! actualiza o enlace que seguramente por iso non che entrou.
      Saudiños! e grazas polas palabras de agradecemento.

      Eliminar
  8. me ha gustado muchisimo el video de hallowen,esta genial como si estuvieramos en primera fila,cuento los dias para ver el de navidad,bicos.ana

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!