18 de abril de 2012

Visita ao CENTRAD

O pasado venres estivemos de visita no Centro de Artesanía e Deseño e alí puidemos ver e ata tocar instrumentos antigos, os traxes que fai moitos anos vestían en Galiza homes, mulleres, nenos e nenas e fixemos xogos para atopar as diferentes pezas de ourivería que alí teñen.
Por todas partes cousas interesantes e que nunca antes viramos!
Xa dende o momento de entrar atopámonos cun batuxo..... aínda que o nome nos pareceu un tanto raro pronto adiviñamos entre todos e todas para que serviría.
batuxo

Despois, coas nosas gafas máxicas tiñamos que buscar pola exposición de ourivería as diferentes pezas que se nos ensinaban en papel....e foi difícil pero tamén o conseguimos!

gafas máxicas

Tamén visitamos o obradoiro de carpintería onde nos ensinaron diferentes tipos de madeira, diferentes ferramentas para traballala e diferentes pezas que alí fan.
carpintería

E tamén estivemos nun lugar moi especial: a reprodución do Pórtico da Gloria onde fixemos xogos de busca de diferentes animais nunha sala chea de zanfonas e instrumentos antigos do máis especiais. E aquí por suposto acordámonos moito de David e de todo o que nos ensina ao redor dos instrumentos...canto sabiamos xa!!!
pórtico

E tamén puidemos tocar de verdade este instrumento que funcionaba metendo aire con un pedal e que grazas ás diferentes teclas producía uns sons ou outros dependendo do tubiño polo que saía o aire....e por suposto o que máis molaba era busacr os máis graves e os máis agudos....os máis estrondosos sons sempre son os que máis nos molan....jejejeje.
aerofono

E por suposto visitamos tamén a exposición do Traxe Galego. Alí puidemos ver os diferentes tipos de traxe: de home e de muller, de gala ou de faena, as formas e cores etc....
Agora nas aulas seguiremos investigando ao redor deste tema e xa vos iremos contando.
roupa pequecha

E...queremos recordarvos que se queredes podedes vir a participar nas aulas compartindo con nós un ratiño lendo un conto, falando da vosa profesión, aportando nalgún dos proxectos iniciados, cociñando con nós etc.... é dicir compartindo un pocuquiño de vós con nós. A experiencia é sempre moi positiva e aos nenos e nenas nos encanta tervos na aula....veña que xa esta a rematar o curso animádevos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!