20 de septiembre de 2011

Así foron os nosos primeiros días de cole

Os nenos e nenas de 1º EI levamos xa dúas semanas de cole, e a experiencia está a ser moi intensa.
Os primeiros cinco días foron a primeira toma de contacto, só pola mañá. Coñecer novos espazos, novos iguais e adultos, novos xoguetes etc...en fin, unha chea de novidades que nos fan sentirnos ás veces inseguros, nervosos e afloran en nós sentimentos variados e incluso ás veces descoñecidos. Grazas á compaña constante de Carmen, a nosa titora, e Alicia a orientadora, xunto co resto de mestras e mestre do equipo de infantil que nos fixeron sentir un pouco mellor cos seus brazos, colos, apertas, xogos, bailes e cancións estes primeiros días de cole foron todo un reto que estamos a superar moi positivamente e estas novas experiencias e vivencias van a aportarnos moito de cara a vivir positivamente a experiencia escolar.

A segunda semana xa fixemos xornada completa, é dicir, quedamos a comer e a durmir a siesta momentos do máis especiais para nós como pequechos xa que para a maioría foi a primeira vez que o fixemos fóra da casa. E non o fixemos nada mal!!!

Para que estes primeiros momentos sexan vividos coa maior tranquilidade e gusto posibles as nosas profes teñen unha porgramación especial. É dicir, todo o que facemos ao longo do día encamñiñase a que levemos para a casa a sensación de telo pasado ben, de estar a gusto, de facer cousas especiais e sobre todo, de levar un bo sabor de boca e ir para a casa con ganas de voltar ao día seguinte...e pouco a pouco o imos conseguindo.
Aquí nos vedes en algúns destes momentos: que vos din as nosas caras?
1º semana 5
1ºsemana 3
1º semana 4
1º semana 2
1º semana 1

3 comentarios:

  1. Muchas gracias por la dedicación y paciencia que estais teniendo con nuestros peques.

    ResponderEliminar
  2. ¿Podemos descargar las fotos desde el flicker?.Muchas gracias.

    ResponderEliminar
  3. Que alegría ver que nos ledes e ademais que comentades. Esta é a maneira de enriquecer o blog, xa que está aberto á vosa participación como familias, non só nos comentarios senón que tamén se vos animades a subir unha entradiña estades invitados/as. Falade con nós.
    Correde a voz entre as outras familias!

    Susana, grazas a vós por confiar en nós para colaborar na educación dos vosos fillos e fillas.
    Carmen, non sei se podedes descargar as fotos, nin como se faría....pero a final de curso vos damos todas as fotos que fixemos. Se queres algunha en concreto agora fala conmigo.

    Grazas e.... a seguir participando!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!