17 de enero de 2011

Pesdelán presenta "Na punta do pé"



Durante as vacacións de Nadal é habitual atoparnos nas tendas con multitude de novidades discográficas. Vimos de descubrir a edición do disco dun grupo que xa leva uns anos facendo bailar e cantar ao público que asiste aos seus concertos. Chámanse PESDELÁN e está formado por varios músicos experimentados no ámbito da música tradicional entre os que está a nosa mestra de música de primaria Uxía.
A proposta de Pesdelán é unha opción didáctica na que tanto nos seus directos como no seu traballo editado, tratan de transformar aos asistentes en protagonistas da festa, polo tanto asistir a un concerto de Pesdelán convírtese nunha experiencia na que o público pasa a formar parte do espectáculo.
A nosa sorpresa foi maior cando ademais descubrimos que algunhas das cancións que aparecen no CD-DVD nós xa as coñeciamos.

Podedes ver un anaquiño neste video e atopar máis información na páxina de kalandraka
Sen dubidalo animámosvos a adquirir este disco e si tedes oportunidade e ganas de bailar e pasalo ben non deixedes de asistir a un concerto de Pesdelán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!