1 de enero de 2011

Nadal 2: barrigas mantidas para o Apalpabarrigas

Dende fai xa algúns anos, propoñémonos nestas datas colaborar con algún proxecto de cooperación e axuda ao desenvolvemento a través de diferentes ONGs naqueles lugares do mundo que máis o necesitan.

Este ano colaboramos con Unicef no proxecto "Alimentos para todos e todas", e fixemos postais con distintos alimentos para construír unha pirámide alimentaria. A Infantil xunto co primeiro ciclo de Primaria tocounos facer a base da pirámide e así fixemos as nosas postais con fariña, pasta e arroz.Por detrás da postal escibrimos os nosos desexos para os nenos e nenas que non teñen alimentos suficientes e a nosa esperanza de poder axudar.
Unha vez rematadas as postais colgámolas na pirámide que puxemos na entrada do cole e así ademais de expoñelas as nosas familias puidéronas adquirir facendo unha aportación ao proxecto. Finalmente, entre todos e todas conseguimos superar o reto de recadación que nos propuxemos con respecto a este proxecto.
Conseguimos pois que moitos nenos e nenas poidan ter a "barriguiña mantida como lle gusta ao Apalpador.

Recordade a cantiga que di:
"Se eres neno ou rapaciña
durante a noite cumprida
tocarache a barriguiña
e verá se está mantida"


Podedes ver como enfeitamos a entrada do cole coa nosa imaxe personalizada do Apalpador e coa pirámide de alimentos a modo de árbore de Nadal.

Apalpador

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!