14 de abril de 2016

Nuria cóntanos moito sobre tartarugas

Ola a todos e todas!!!
Fai uns días estivo compartindo cos Dragóns un anaquiño a nai de Xabi, Nuria. 
Contounos un montón de cousas sobre as tartarugas:...como nacen, que comen, as súas partes,.... Descubrimos que hai moitas tartarugas diferentes e que hai tres tipos: de terra, de auga, e as mariñas. Estivemos moi atentos a todo o que Nuria dicia e gozamos moito de todo o  aprendido. Ensinounos diferentes tartarugas nunha presentación que puidemos ver no ordenador xigante.


Colaboración Nuria Corro

O que máis nos gustou foi poder tocar e ver o caparazón e o peto dunha tartaruga boba e os esqueletes de outras dúas tartarugas máis pequerrechas. Puidemos ver os seus ósos e como son por dentro. Ademais Nuria trouxo unha tartaruga disecada que parecía que ía camiñar en calquer instante... Non sabedes o moito que gozamos de tantas cousas que poder ver e sentir coas nosas  propias mans.

Colaboración Nuria tartaruga

colaboración Nuria presentación


colaboración Nuria esqueletes

Colaboración Nuria caparazón

 E para que seguiramos investigando deixounos moitas fotografías de tartarugas coas que estamos a facer un precioso mural que pronto veredes.

colaboración Nuria Fotos
 

Cantas emocións e que ben o pasamos!!
 Moitas grazas Nuria por preparar tanto a túa colaboración e por pasar un ratiño con nós.

E aos demais papas e mamas...... xa sabedes esperámosvos para compartir xuntos calquer actividade porque o importante é compartir un anaquiño de día xuntos no cole. Agardámosvos


< https: dateposted-public="" in="" photos="" title="Dragóns e Nuria" www.flickr.com="">Dragóns e Nuria

31 de marzo de 2016

ROBBY AT XABI´S AND SARA´S HOUSE

Ola queridas familias,
despois de contarvos as aventuras do meu amigo Patch nas casas de Sara e Xabi, estou desexando contarvos as que eu vivín con estos dous super dragóns!
Primeiro fun con Xabi a visitar á súa familia e o seu fogar. Cando os dragóns colleron os abrigos e se prepararon para ir á casa, Xabi colleu a miña caixiña e levoume con moito coidadiño ata a súa casa. Recordo moi ben o emocionado e contento que me sentía xa que o meu amigo Patch contarame todo o que fixeran xuntos na súa visita e eu xa non podía agardar nin un minuto máis...
Xa no coche fomos xogando todo o camiño e,  ao chegar á casa, xa un pouquichiño tarde, puxemos os pixamas e xogamos moitísimo a cousas super chulas!

Collage1R

Alí, eu tamén coñecin a moitísimos amigos novos cos que estivemos xogando ata altas horas da noite! Tan tarde era, que Antía e Nuria, a irmá e a mamá de Xabi xa durmían profundamente ó noso carón. Nós, tratando de non facer moito ruido para non despertalas, continuamos xogando ate que quedamos durmidiños!
Thank you Xabi por tantos xogos, caricias e momentos tan divertidos :)
Esa mesma semana, Sara levoume á súa casa. Outra vez me sentía tan emocionado...o meu amigo Patch xa me contara que foran xuntos de pesca e que leran un conto xuntos á noite!
Sempre que me conta as aventuras que vive cos dragóns póñome tan nervioso e contento que parece que nunca chega a hora de ir con eles!
Pois ben, ao chegar á casa de Sara, e despois dun duro día de traballo, xogo, risas e aprendizaxes decidimos relaxarnos un anaquiño descansando no sofá á vez que escoitabamos música! Unha das miñas cancións favoritas ademáis! "Hello Robby"! Como os dous a sabiamos, cantamos xuntos unha e outra vez.
Pic1

Cando xa estabamos case sen voz de tanto cantar, xogamos un pouquiño e fómonos preparar para ir á cama. Sara tiña unha super sorpresa para min! Xa falaramos de ler un conto antes de durmir pero...a que non sabedes cal elixiu para min? Cando o vin case non podía crelo! Unha historia de Maisy! Sii, a miña amiga Maisy! Foi xenial coñecer da man de Maisy e coa compaña de Sara todos os nomes de animais que alí aparecían!
Collage1

Ao rematar o conto, quedamos durmidos e descansamos moito para estar listos para todo o que nos esperaba no vindeiro día.
Thanks Sara por elexir ese conto para min e coidarme tan tan ben :)
Moitas gracias a os dous por ensinarme os vosos fogares e tamén e a todos e todas os que nos ledes! Espero podervos contar moitas máis aventuras próximamente.
See you soon :)

29 de marzo de 2016

PATCH AT SARA´S AND XABI´S HOUSE

Hi everyone!
Estamos xa de volta destas pequenas vacacións e chegamos ao cole cheos de enerxías para aprender moitísimo cos e dos nenos e nenas de Galén.
O meu amigo peludo máis eu escribímosvos de novo para contarvos as aventuras que dous Dragóns viviron en familia con Patch nos seus fogares.
Primero, Patch visitou a Sara e á súa familia. Nada máis sair do cole, foron á casa de Sara para facer miles de cousas super chulas! Alí, comeron unha merenda super rica, a merenda favorita de Patch: un musliño de pito! Ao que Sara acompañou cun delicious iogur. E, tras a merenda, foron ao baño onde Sara axudou a Patch a lavar os dentes asegurándose de que quedasen ben branquiños!!


Collage2
Despois de tanto esforzo, precisaban un pouquichiño de relax. E que mellor para relaxarse que a pesca! Unha vez que prepararon todo o equipo de cañas, sedais e anzós...colocaron o cebo e os peixes non pararon de picar nun bo anaco!
Collage1
Logo dun anaco, cando xa pescaran todos os peixes, puxeron o pixama e preparáronse para ter uns doces soños pero...como non!! Non sen antes ler unha historia! E contar algún que outro segrediño...
Pic1
Thank you so much Sara por coidar tan ben ao meu peludo amigo e compartir o teu día, fogar e familia con el :)
Patch tamén foi a visitar o fogar de Xabi e da súa familia.
Cando o cole rematou, e despois de despedirse da profe Carmen, Xabi e o meu peludiño amigo preparáronse para ir á casa a descansar un cachiño...pero tamén para xogar a cousas super super divertidas!
Antes de subir ao coche, rumbo á casa, pararon na entrada do cole para sacar unha foto e amosar o contentos que se atopaban por estaren xuntos e polas miles de aventuras chulísimas que tiñan planeadas!
Collage1P
Xa na casa, Patch fixo novos amigos xa que Xabi lle presentou a dous fermosos ratiños e a unha gatiña moi fedella e divertida! Alí todos xuntos, tamén con Antía por suposto, xogaron ata non poder máis! Asi que despois, todos xuntos e cansadiños, foron tomar a cea e deitarse para durmir e soñar cos anxiños.
Pic1 Patch
Thanks Xabi por adicarlle o teu día ao meu peludo amigo e presentarlle a todos eses amiguiños tan divertidos! Moitas gracias aos dous!
Seguimos en contacto para vos contar todas as nosas aventuras coas nenas e nenos da clase dos dragóns. See you soon :)

28 de marzo de 2016

Primeiras visitas ao comedor

Ola!!
Os papás e mamás xa comezaron a visitarnos no comedor, desta volta os primeiros invitados foron Andrea e David, os papás de Valeria .
Foi un día xenial para nós, pasámolo xenial e eles tamén gozaron das nosa compaña e das nosas historias. Xantamos xenial e a comida estaba moi rica.... 
¿¿ Queredes ver o ben que o pasaron??

Comedor Valeria

Xa sabedes que estades todos e todas convidados a vir comer un día con nós, animádevos e recordade que no último trimestre temos un montón de sorpresas e que a partir de mediados de maio faisenos moi complicado que poidades vir, así que xa sabedes escollede un día e..... esperámosvos!!!

 Ata entón...... mil bicos