9 de abril de 2015

Unha actividade moi creativa con refugallo

Alex, o profesor que estivo con 1º de E.P. neste trimestre, propúxonos unha actividade na que se trataba de experimentar moito.
Primeiro trouxemos das nosas casas moitos materiais de refugallo que nos servirían  para a nosa creación.

foto 1

Para empezar dividímonos en tres grupos, e tiñamos decidir quen de nós se ía deitar na goma eva para marcar a súa silueta.
Despois empezamos a probar distintos materiais e técnicas para rechear o corpo que pintaramos. Buscamos tapóns para os ollos, lá para o pelo, cartón para os petos...
Todo era válido, a única condición era poñerse de acordo para facelo.....


foto 2

foto5
foto 6
foto 7


Como podedes ver, gozamos moito con esta actividade. Agora quedaba recoller e limpar!!

7 de abril de 2015

Xornada de Portas Abertas

Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro

25 de Abril, sábado,

no que poderedes coñecer da man do noso profesorado o noso

Proxecto Educativo.

Nos corredores estarán expostos os traballos da Semana da Ciencia e do Proxecto interdisciplinar xunto con traballos das xornadas da cultura que se inician esta mesma semana e unha exposición de xogos de lóxica matemática.
Haberá obradoiros de actividades plásticas dirixidos aos nenos e nenas que nos visiten e un contacontos a cargo da compañía Zampacontoz, formada por profesorado de Educación Infantil do Centro, titulado

De verdade que non podía.


http://www.centrogalen.com/wp-content/uploads/2015/01/cartel-portas-abertashd-2015.jpg

Así somos nós!

As nenas e nenos de 1º de E.P. pesámonos e medímonos na clase. Un por un, iamos subindo á báscula e anotabamos o peso, e despois un compañeiro ou compañeira íanos medindo e o anotabamos tamén. 

yelcoadri
aldan
juan
toni
gonza
hugo
aitana
sofia
arturo
nico
marcos
cesar
celtia
diana
irina


Tamén vimos o número de calzado 

numero calzado


E por último,  analizamos os pesos e as alturas: quen pesaba máis, quen era a máis alta, se había nenos en nenas que pesaban ou medían o mesmo.... 
barras
barras 1

Comprobamos que cada unha e cada un de nós era único e irrepetible, e que había cousas que compartiamos e outras que nos facían diferentes. 
Que sorte non ser todos iguais!!

Comedor Marzo

Ola a todos e todas!!!!

Xa temos as fotos do comedor dos papás e mamás que viñeron a comer con nós en marzo.
 Mirade mirade !!! Parecen encantados....

Siiii, encantoulles a todos e todas, sorprendeulles  a experiencia e de seguro que repetirían sen dubidalo, así que as mamas e papas que aínda non puidestes  vir recordade que vos queda Abril e Maio para comer con nós.

 Xa sabedes, decídello ás nosas profes e.... a gozar dunha comida moi especial!!!


Comedor Leo


Comedor Lúa

Comedor Unai

Comedor Julián

Comedor Mateo

Comedor Nuno

Comedor Manuel


Comedor Manoel


Esperámosvos  con moitas cousas que compartir !!! Animádevos!!!

Bicos mil.

24 de marzo de 2015

A cociñar!!!!

A tarde dos luns é moi especial e moi divertida para todos os  nenos e nenas de infaltil e os nenos e nenas de 1º de Primaria pois é a tarde dos obradoiros.

Hoxe queremos contarvos o que fixemos este trimestre no obradoiro de cociña. Xa sabemos facer moitas cousas aínda que parezca que non, e si nos axudades un chisquiño na casa podemos facer cousas moi moi ricas e divertidas...

No cole fixemos batidos, probamos a facelos con xeado, iogur e froita,.... Preparamos todos os ingredientes, cortamos,mesturamos, batimos e fomos probando os diferentes sabores e texturas.

Algúns gustáronnos moitísimo e outros......  mirade, mirade como traballamos e como gozamos!!!


Cociña 8


Cociña 10


Cociña 11


Cociña 9


  Na seguinte volta todos e todas fixemos pizza que levamos cada quen  para merendar na casa.....Chegaría  algún anaquiño para probala???

 Fixemos a masa, estirámola, puxemoslle os ingredientes que quixemos e despois dun chisco de forno.... mmmmmm!!!!

 Estaba rica non si???

 Mirade  que ben o pasamos e que concentrados estabamos coa nosa pizza!!

Cociña 12


Cociña 4


Cociña 2


Cociña 1


Cociña 7


cociña 6


Cociña 5


Cociña 3


  Seguide moi atentos e atentas ao que imos facendo porque temos receitas moi apetitosas preparadas para as seguintes voltas. 

Bicos mil!!!