24 de diciembre de 2014

Andando a Terra

Os profesionais do audiovisual que colaboran neste fermoso proxecto  están a traballar con moita ilusión para que poidamos revivir a través das imaxes a emotiva tarde que compartimos o pasado martes 16 de decembro.
Foi un proxecto que nos enriqueceu a grandes e pequenos con un final espectacular con Uxía e a súa banda no escenario e todos os nenos e nenas do cole dende os máis pequechos ata os grandes de bacharelato. Un proxecto cheo de aprendizaxes, de momentos cargados de emotividade, unha homenaxe ao gran poeta lucense Manuel María, unha homenaxe á nosa cultura e á nosa lingua.

Grazas a todas e todos os os que fixestes  que este soño se fixese realidade!!!

Para ir abrindo boca aquí vos deixamos dúas fotiños dos moradores deste blog, os nenos e nenas de EI e 1º Ciclo de primaria.

22 de diciembre de 2014

Chegou o Nadal.

Chegou o inverno e con el o frío e....as festas de Nadal!!

Para rematar o trimestre estivemos a preparar as bolsiñas nas que levar os traballiños á casa. Como xa sabedes, gústanos facer todo con material de refugallo e poder así reducir resíduos. Nesta ocasión quixemos darlle unha segunda vida a esas camisetas xa algo velliñas que andan polos armarios das mamás e dos papás. Un pouco de tinte e imaxinación fan delas unhas bolsas do máis chulis.

tinguido

 Tamén na mesma liña facemos cada ano un xoguete ou xogo sen necesidade de mercar nada.
xoguete
Este ano os protagonistas foron os tubos de papel hixiénico. Con eles os nenos e nenas da clase dos caracois fixemos este xogo matemático no que se tratar de asociar cada grafía coa súa cantidade (de pauiños). Na clase dos dinosaurios  fixemos catalexos e prismáticos. Chulos, non si?  
Os últimos días do cole foron tamén moi especiais: o chocolate con churros, a elaboración de postais para meter por debaixo das portas dos compañeiros e compañeiras, os cantos de aguinaldo e como non.....A VISITA DO APALPADOR E OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!! 

Adornos para a  árbore e postais

postais
  
churros
 Enchendo as barriguiñas para que o Apalpador mire como estamos de mantidos  

 Así...así esteades todo o ano.... dixo o Apalpabarrigas que veu no coche de liña dende as montañas do Courel como cada ano a visitarnos.

Apalpador
  
 As súas Maxestades....

Reis 1
Reis 2

Este fin de trimestre ademais foi un chisco máis especial pois como sabedes fixemos o espectáculo "Andando a Terra" con Uxía Senlle no escenario do Auditorio Gustavo Freire.
Os profesionais do audiovisual están a traballar a reo para que pronto poidamos ver as fotos e a gravación do espectáculo. 
Mentres tanto...que gocedes das vacacións e que teñades un bo Nadal e unha fantástica entrada do novo ano.

Biquiños!!!

18 de diciembre de 2014

ROBBY RABBIT'S 5th BIRTHDAY!

Hi everyone!

Hai unhas semanas foi o meu 5º aniversario e quíxeno celebrar cos nenos e nenas da clase dos Dinosaurios. Para elo, primeiro fixen unha torta de chocolate e laranxa coa miña madriña: Marina, unha nena marabillosa de 6 anos, que é ademais a afillada de Ana. Isto foi o domingo pola noite, e ao día seguinte, luns, celebrámolo en clase como o fan o resto de nenos e nenas. 

Aquí vos deixo un vídeo coa receita da torta e como me felicitan os Dinosaaauuuurios!