21 de mayo de 2014

PATCH AT LÚA'S HOUSE!

       Boas a todos e todas,

Como non podía ser menos, Patch foi á casa de Lúa e a súa familia toda unha tarde e a súa noite, para pasar xuntiños unhas horas e coñecerse máis e mellor. Patch voltou cheo de historias e anécdotas e, como non, moi contento.

      Entre outras cousas, montaron en monopatín, xogaron no xardín e viu como unha pita poñía un ovo, algo que nunca antes vira e que o impresionou moitísimo. Logo xogaron con Ío e a súa mamá, fixeron  un chisco de compra no mercado da casa e antes de durmir leron un conto de Sesame Street. 

     Aquí nos quedan as precious fotos, que agradecemos compartades con todos nós, e que como sempre, nos encantan. Esperamos que a vós tamén!

       See you soon! 


1- Riding the scooter

2- In the garden

3- Hen house

4- In the garden with the egg

5- Playing with Ío & Uxía

6- Family presentation

7- Doing some shopping

8- Paytime

9- Story time

10- Night night

20 de mayo de 2014

PATCH AT NUNO'S HOUSE!

      Ola a todos e todas;

Hai uns poucos días, Patch marchou oa finalizar o cole da man de Nuno listo para pasar a tarde e a noite co el e a súa familia. Foi unha tarde intensa e moi divertida xa que  foron ao parque, xogaron un montón, merendaron, foron facer a compra, e logo de cear, caeron rendidos e non tardaron nin 2 minutos en quedar sopa. Á mañá seguinte, logo dun bo e sá almorzo, voltaron ao cole cheos de anécdotas.

       A continuación deixámosvos as fotos, que novamente vos agradecemos moito que compartades con todos nós e que por suposto nos encantan, e contamos con que a vós seguro que tamén!

       Deica moi pronto!


3- In the park

4- In the slide

5- Snack time

6- Playing


1- Driving lessons


2- Shopping

7- Night night

19 de mayo de 2014

ASÍ SOMOS ASÍ SENTIMOS

PATCH AT MANOEL'S HOUSE!

      Coo coo everyone!

Esta vez tocoulle a Patch que tivo a gran fortuna de ir á casa de Manoel e a súa familia. 
Bueno, pasouno repipa. Xogaron con el Carme e Manoel, e logo foi un pirata surcando os mares e, despois de mil e unha aventuras, seica conquistou unha illa no Caribe (Carai, que sortudo!).
Despois de tanto xogar relaxáronse un anaco no sofá, contáronse confidencias, e de aquí marcharon para a ducha antes de ir a cear e para a cama.

     Ao día seguinte, antes de voltar ao cole, repuxeron forzas cun bo almorzo, imprescindible para resistir aos intensos e xa primaverais días.

       Aquí nos quedan as fotos, que como sempre nos encantan, e esperamos que tamén vos encanten a vós e que sen dúbida, agradecemos tanto que compartades con todos nós!

       See you next time!


1- Carme, Manoel & Patch

2- Pirate Patch

3- Relaxing

4- Showtime

5- Having a bath

6- Dinnertime

7- Teddy & Patch

8- Having breakfast

18 de mayo de 2014

ROBBY AT MIGUEL'S HOUSE!

      Boas a todos e todas;

Un día fabuloso e primaveral máis, Robby tivo a gran sorte de ir con Miguel, da clase das bolboretas, e a súa familia á súa casa para pasar unha tarde e unha noite especial e diferente.

      Xogaron con Pablo, riron, fixéronse coxellas, contáronse cousiñas e coñecéronse un chisco máis e mellor, e cabe destacar que a nosa mascotiña voltou moi contenta e chea de historias. E logo dun día caluroso e intenso, cearon e marcharon durmir.

    Como non, encántannos as fotos e estamos moi agradecidos de que vivades e compartades esta bonita e especial experiencia con todos nós!

      See you very soon!


1- Miguel, Pablo & Robby

2- Tickletime

3- Dinnertime

4- Bedtime