4 de julio de 2013

Fin de curso 2013

Ola a todos e todas!
A estas alturas xa gozastes coas fotos de todo o curso dos vosos nenos e nenas, pero... faltan as da nosa visita a Santo Anxo de Rábade e as da actuación do clown e malabarista Peter Punk coas que rematamos as intervencións no blog por este curso.
A de Santo Anxo foi, coma sempre,  unha saída moi especial pola presenza dos pais e nais que compartistes  con nós un día cheo de grandes descubrimentos, emocións e moitas risas.
Chegamos ben cediño para aproveitar ao máximo o estupendo día que tivemos, repartímonos en dous grupos e fomos explorar todas as marabillas que alí hai. Vimos distintos tipos de ovos, dende os máis xigantes de avestruz até ovos tan pequeniños que nos daba medo rompelos.

Rábade visita

Puidemos ver unha gran variedade de animais, dende os máis comúns como vacas, patos, ocas e galiñas até os máis maxestuosos como os pavos reais que nos marabillaron coas cores da súa plumaxe, tanto tanto... que ao rematar a visita nos deron como recordo unha fermosa pluma.
Todos estes animais atópanse nun entorno privilexiado, acorde ás súas necesidades, no que atopamos numerosas árbores que os cobixan do sol e pequenos estanques con auga para refrescarse.

Rábade visita 2

Rábade visita 1

 Despois dunha visita moi animada e chea de sorpresas chegou a hora de comer porque tanto axetreo deunos moita fame... iso sí, xantamos  moi ben e deseguida nos puxemos a xogar porque nos facía moita ilusión compartir este tempo con vós.

Rábade comida e xogo

Rábade comida e xogo 1
   
E chegou o día esperadísimo xa dende hai uns anos por todo o cole.....A churrascada!!!
Este ano tamén nos acompañástes as familias de todos os nenos e nenas do centro. Comemos churrasco, tortilla, empanada, sandía e...os postres coma sempre servíronnos os rapaxes e rapazas de 4º da ESO para recadar fondos para a súa excursión do ano que vén.
E para rematar o gran día  contamos cunha actuación moi divertida, a verdade é que nos fixo rir moitísimo! Foi o clown e malabarista Piter Punk  o que nos fixo, a grandes e pequenos, sacar unhas gragalladas e vivir emocións intensas.

Collage 1 pres
   
 Algúns de nós tivemos a oportunidade de participar na actuación, aquí podedes ver o ben que o fixemos!

Collage2 Laura

Collage3
   
 A maxia e os malabares estiveron moi ben, pero o que máis nos impresionou foi todo o que se atreveu a facer co lume... 

Collage4
   
 Un dos momentos máis divertidos foi o final da actuación no que Natalia lle deu un tartazo a Peter Punk... Mirade que cariña se lle quedou!

Collage5
   
 Coma todos os anos o curso pasou voando, fixemos un montón de actividades e aprendimos moito ao tempo que  divertimos! Despois de tanto traballar toca descansar, que o merecemos moito... Agardamos que pasedes un bo verán e repoñades forzas para o vindeiro curso! 

 Moitos biquiños!!!

25 de junio de 2013

Maios 2013

Este ano parece que as estacións foron con certo retraso e aínda hoxe estamos agardando que o verán chegue de cheo, pero non por iso deixamos de gozar de cada unha delas e das súas marabillas.
Tamén con certo retraso colgamos esta nova para poder compartir con todos e todas unha das festas máis fermosas do curso. Como todos os anos no tempo da primavera as flores son as protagonistas e en Galén facemos delas o centro da nosa celebración dos populares "Maios" poñendo música e cor a unha festa ben fermosa que ano tras ano nos ameniza nesta recta final de curso. 
Deixámosvos aquí un vídeo do acontecido.


 

10 de junio de 2013

Unha viaxe emocionante: O Rexo, 2º e 3º EP

A nosa viaxe ao Rexo foi moi emocionante. Coñecemos un sitio novo cheo de sorpresas!!

O albergue da Fundación está na provincia de Ourense nun contorno natural no que a xente pretende conservar a paisaxe e os medios de vida tradicionais. 
O primeiro que fixemos ao chegar foi coñecer o albergue (que parecía un hotel e moitas veces o chamabamos así) e o contorno natural cunha visita á granxa de ovellas latxas. Puidemos coller os años e aprendemos o proceso de elaboración do queixo de ovella que está boísimo 
0 LUGAR
1 FOTO
2 FOTO
 

 O segundo día fomos a Allariz e fixemos xogos para coñecer o centro histórico e as beiras do río Arnoia. Tamén visitamos o Festival de Xardíns e entramos no labirinto. 

3 FOTO
4 FOTO
 
 Houbo tempo para xogar e as profes non o pasaron mal...
5 FOTO
  
 Pero sobre todo houbo tempo para gozar do tempo libre, do contacto coa natureza e para estreitar os lazos de amizade. Todas e todos coincidimos en que, xa que non nos podíamos quedar no Rexo, queríamos volver.

6 FOTO
7 FOTO

9 de junio de 2013

Un Soño Africano

Ola!!! Aquí vos deixamos as derradeiras imaxes do Soño Africano que vivimos esta semana.
Elaboramos un mural de África e tiras con motivos africanos para decorar o corredor. Para caracterizarnos tamén nos esmeramos moito: fixemos pulseiras, colares, cintas para o pelo e pintamos o noso traxe africano... Ah, que non se nos esqueza dicir que decoramos a choza da Selva Yembé! Podedes ver o ben que o pasamos e o chulo que nos quedou todo...

Preparación semanas africanas

Preparación semanas africanas 1

Obradoiros africanos


 Despois de comer os pequeafricanos e pequeafricanas fomos xogar á Selva Yembé e como podedes comprobar pasámolo xenial!

Carballeira 


Con tanto xogo e actividade acabamos esgotados polo que descansamos un pouquiño na sabana dos Leóns mentres comiamos chuches e viamos a película "Kirikú y la bruja", que, por certo, non engaiolou... non hai máis que ver as nosas cariñas!

Peli e caracterización


 Vivimos unha aventura africana máxica coa que gozamos moitííísimo, pero tamén vos botamos moito moito de menos e xa nos tardaba estar con vós... Grazas a todos e todas por compartir con nós unha experiencia marabillosa!

7 de junio de 2013

Bos días África!!!

Bos días a todos e a todas!!!
os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil amencimos sobre as 8:30 da mañá despois dunha estupenda noite na que todos e todas durmimos ben e estivemos moi moi quentiños nas nosas tendas.
Duchámonos despois do teatriño africano (na foto podedes vernos preparados coas nosas maletas no pabillón antes de organizarnos para ir á ducha), ceamos....
ducha


A noite de onte foi máxica. Despois da cea estaba esperándonos unha supersorpresa fóra: o lume de campamento e os músicos que axudaron a que a festa fose eso mesmo, unha festa. Xa se sabe que onde hai gaita, tamboril, acordeón e pandeiretas....hai baile e festa!!! 
Que ben o pasamos, canto bailamos e o lume....fixo que pouco a pouco fosemos quedando durmidos...que poder o do lume!!!

lume


 Así que xa vedes trouleamos, durmimos, descansamos e....hoxe é un novo día de grandes aventuras e experiencias: obradoiros, buscas de tesouros, apariciónd e máis personaxes etc.....

Estamos moi moi contentos e tamén con ganas de vervos á tarde e contarvos (ou non) o vivido nestes dous intensísimos días.

Unha aperta moi forte dende África!!