
3 de abril de 2016
31 de marzo de 2016
ROBBY AT XABI´S AND SARA´S HOUSE
Ola queridas familias,
despois de contarvos as aventuras do meu amigo Patch nas casas de Sara e Xabi, estou desexando contarvos as que eu vivín con estos dous super dragóns!
Primeiro fun con Xabi a visitar á súa familia e o seu fogar. Cando os dragóns colleron os abrigos e se prepararon para ir á casa, Xabi colleu a miña caixiña e levoume con moito coidadiño ata a súa casa. Recordo moi ben o emocionado e contento que me sentía xa que o meu amigo Patch contarame todo o que fixeran xuntos na súa visita e eu xa non podía agardar nin un minuto máis...
Xa no coche fomos xogando todo o camiño e, ao chegar á casa, xa un pouquichiño tarde, puxemos os pixamas e xogamos moitísimo a cousas super chulas!

Xa no coche fomos xogando todo o camiño e, ao chegar á casa, xa un pouquichiño tarde, puxemos os pixamas e xogamos moitísimo a cousas super chulas!

Alí, eu tamén coñecin a moitísimos amigos novos cos que estivemos xogando ata altas horas da noite! Tan tarde era, que Antía e Nuria, a irmá e a mamá de Xabi xa durmían profundamente ó noso carón. Nós, tratando de non facer moito ruido para non despertalas, continuamos xogando ate que quedamos durmidiños!
Thank you Xabi por tantos xogos, caricias e momentos tan divertidos :)
Esa mesma semana, Sara levoume á súa casa. Outra vez me sentía tan emocionado...o meu amigo Patch xa me contara que foran xuntos de pesca e que leran un conto xuntos á noite!
Sempre que me conta as aventuras que vive cos dragóns póñome tan nervioso e contento que parece que nunca chega a hora de ir con eles!
Pois ben, ao chegar á casa de Sara, e despois dun duro día de traballo, xogo, risas e aprendizaxes decidimos relaxarnos un anaquiño descansando no sofá á vez que escoitabamos música! Unha das miñas cancións favoritas ademáis! "Hello Robby"! Como os dous a sabiamos, cantamos xuntos unha e outra vez.
Sempre que me conta as aventuras que vive cos dragóns póñome tan nervioso e contento que parece que nunca chega a hora de ir con eles!
Pois ben, ao chegar á casa de Sara, e despois dun duro día de traballo, xogo, risas e aprendizaxes decidimos relaxarnos un anaquiño descansando no sofá á vez que escoitabamos música! Unha das miñas cancións favoritas ademáis! "Hello Robby"! Como os dous a sabiamos, cantamos xuntos unha e outra vez.
Cando xa estabamos case sen voz de tanto cantar, xogamos un pouquiño e fómonos preparar para ir á cama. Sara tiña unha super sorpresa para min! Xa falaramos de ler un conto antes de durmir pero...a que non sabedes cal elixiu para min? Cando o vin case non podía crelo! Unha historia de Maisy! Sii, a miña amiga Maisy! Foi xenial coñecer da man de Maisy e coa compaña de Sara todos os nomes de animais que alí aparecían!
Ao rematar o conto, quedamos durmidos e descansamos moito para estar listos para todo o que nos esperaba no vindeiro día.
Thanks Sara por elexir ese conto para min e coidarme tan tan ben :)
Moitas gracias a os dous por ensinarme os vosos fogares e tamén e a todos e todas os que nos ledes! Espero podervos contar moitas máis aventuras próximamente.
See you soon :)
29 de marzo de 2016
PATCH AT SARA´S AND XABI´S HOUSE
Hi everyone!
Estamos xa de volta destas pequenas vacacións e chegamos ao cole cheos de enerxías para aprender moitísimo cos e dos nenos e nenas de Galén.
O meu amigo peludo máis eu escribímosvos de novo para contarvos as aventuras que dous Dragóns viviron en familia con Patch nos seus fogares.
Primero, Patch visitou a Sara e á súa familia. Nada máis sair do cole, foron á casa de Sara para facer miles de cousas super chulas! Alí, comeron unha merenda super rica, a merenda favorita de Patch: un musliño de pito! Ao que Sara acompañou cun delicious iogur. E, tras a merenda, foron ao baño onde Sara axudou a Patch a lavar os dentes asegurándose de que quedasen ben branquiños!!


Despois de tanto esforzo, precisaban un pouquichiño de relax. E que mellor para relaxarse que a pesca! Unha vez que prepararon todo o equipo de cañas, sedais e anzós...colocaron o cebo e os peixes non pararon de picar nun bo anaco!
Logo dun anaco, cando xa pescaran todos os peixes, puxeron o pixama e preparáronse para ter uns doces soños pero...como non!! Non sen antes ler unha historia! E contar algún que outro segrediño...
Thank you so much Sara por coidar tan ben ao meu peludo amigo e compartir o teu día, fogar e familia con el :)
Patch tamén foi a visitar o fogar de Xabi e da súa familia.
Cando o cole rematou, e despois de despedirse da profe Carmen, Xabi e o meu peludiño amigo preparáronse para ir á casa a descansar un cachiño...pero tamén para xogar a cousas super super divertidas!
Antes de subir ao coche, rumbo á casa, pararon na entrada do cole para sacar unha foto e amosar o contentos que se atopaban por estaren xuntos e polas miles de aventuras chulísimas que tiñan planeadas!
Antes de subir ao coche, rumbo á casa, pararon na entrada do cole para sacar unha foto e amosar o contentos que se atopaban por estaren xuntos e polas miles de aventuras chulísimas que tiñan planeadas!
Xa na casa, Patch fixo novos amigos xa que Xabi lle presentou a dous fermosos ratiños e a unha gatiña moi fedella e divertida! Alí todos xuntos, tamén con Antía por suposto, xogaron ata non poder máis! Asi que despois, todos xuntos e cansadiños, foron tomar a cea e deitarse para durmir e soñar cos anxiños.
Thanks Xabi por adicarlle o teu día ao meu peludo amigo e presentarlle a todos eses amiguiños tan divertidos!
Moitas gracias aos dous!
Seguimos en contacto para vos contar todas as nosas aventuras coas nenas e nenos da clase dos dragóns.
See you soon :)
28 de marzo de 2016
Primeiras visitas ao comedor
Ola!!
Os papás e mamás xa comezaron a visitarnos no comedor, desta volta os primeiros invitados foron Andrea e David, os papás de Valeria .
Os papás e mamás xa comezaron a visitarnos no comedor, desta volta os primeiros invitados foron Andrea e David, os papás de Valeria .
Foi un día xenial para nós, pasámolo xenial e eles tamén gozaron das nosa compaña e das nosas historias. Xantamos xenial e a comida estaba moi rica....
¿¿ Queredes ver o ben que o pasaron??
Xa sabedes que estades todos e todas convidados a vir comer un día con nós, animádevos e recordade que no último trimestre temos un montón de sorpresas e que a partir de mediados de maio faisenos moi complicado que poidades vir, así que xa sabedes escollede un día e..... esperámosvos!!!
Ata entón...... mil bicos
24 de marzo de 2016
Xornada portas abertas, 2 de abril.
Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro sábado 2 de abril, de 10.30 a 14.00, poderedes coñecer o noso novo proxecto para a Ed. Infantil: Galén Nursery School e o noso proxecto educativo da man do profesorado do Centro. Ademais haberá unha exposición interactiva de xogos matemáticos, un taller de abalorios, teatro en inglés para nenos e nenas e no Centro estará montada a exposición da Semana da Ciencia, este ano ao redor da atmósfera. Vinde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







