11 de abril de 2015

Unha mañá na "Casa do Home"...a Domus.

As nenas e nenos de 1º de E.P. tivemos unha xornada moi intensa na Casa do Home.
Chegamos ás 11:30h ao museo e antes de comezar a exploración  tomamos unhas galletas para repoñer forzas ate a hora do xantar.

Había un home altisimo.. non lle chegabamos nin á cintura!!

foto 1

Nos espellos pasamos de ser moi pequenos e gordos a moi altos e larguiruchos.. 


foto 2

Puxemos as nosas mans na barriga dunha embarazada e notamos coma se movía o feto., pero o máis excitante foi ver un vídeo dunha bebé que estaba nacendo. Que contentos estaban os seus papás!! Aínda que algúns preferimos non mirar!! 
foto 4

Isto vai de oídos e de sons!

foto 5
foto 6

E de ollos!!

foto 7

Aínda que non o pareza estamos dentro dun corazón!

foto 8

E agora imos probar a nosa puntería,  seremos quen de meter a pelota polo círculo?

foto 9

Ou sexa, que nós….Que interesante!!!
foto 10


E estes ósos que hai aquí,  de que especie son?

foto 11


Tamén puidemos tocar algunha melodía..

foto 12


Incrible!! todos e todas só con tocar cun dedo na pantalla estabamos pintando un cadro fantástico; iso sí era complicado non tocar tamén ao que estaba ao carón.
foto 13

Imos ver ate onde chego!!!

foto 14


De quen serán estas pegadas?

foto 15


En algunhas ocasións aínda nos levou un anaco interpretar os paneis explicativos.

foto 16


Tamén había figuras moi raras que había que clasificar, que divertido!!


foto 17


Nesta actividade fai falla moita concentración e serenidade.

foto 18

Imos ver se o debuxo que fago se corresponde coa información oral que me dan os meus compañeiros e compañeiras.


foto 19


E por fin; hora de repoñer forzas cun bo xantar xunto aos nenos e nenas de 2º e 3º de Ep que foron visitar outros museos científicos da cidade de A Coruña.

foto 20



E un pouco de parque antes de subir ao bus !

foto 21



Que día tan fantástico!!





9 de abril de 2015

Unha actividade moi creativa con refugallo

Alex, o profesor que estivo con 1º de E.P. neste trimestre, propúxonos unha actividade na que se trataba de experimentar moito.
Primeiro trouxemos das nosas casas moitos materiais de refugallo que nos servirían  para a nosa creación.

foto 1

Para empezar dividímonos en tres grupos, e tiñamos decidir quen de nós se ía deitar na goma eva para marcar a súa silueta.
Despois empezamos a probar distintos materiais e técnicas para rechear o corpo que pintaramos. Buscamos tapóns para os ollos, lá para o pelo, cartón para os petos...
Todo era válido, a única condición era poñerse de acordo para facelo.....


foto 2

foto5
foto 6
foto 7


Como podedes ver, gozamos moito con esta actividade. Agora quedaba recoller e limpar!!

7 de abril de 2015

Xornada de Portas Abertas

Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro

25 de Abril, sábado,

no que poderedes coñecer da man do noso profesorado o noso

Proxecto Educativo.

Nos corredores estarán expostos os traballos da Semana da Ciencia e do Proxecto interdisciplinar xunto con traballos das xornadas da cultura que se inician esta mesma semana e unha exposición de xogos de lóxica matemática.
Haberá obradoiros de actividades plásticas dirixidos aos nenos e nenas que nos visiten e un contacontos a cargo da compañía Zampacontoz, formada por profesorado de Educación Infantil do Centro, titulado

De verdade que non podía.


http://www.centrogalen.com/wp-content/uploads/2015/01/cartel-portas-abertashd-2015.jpg

Así somos nós!

As nenas e nenos de 1º de E.P. pesámonos e medímonos na clase. Un por un, iamos subindo á báscula e anotabamos o peso, e despois un compañeiro ou compañeira íanos medindo e o anotabamos tamén. 

yelcoadri
aldan
juan
toni
gonza
hugo
aitana
sofia
arturo
nico
marcos
cesar
celtia
diana
irina


Tamén vimos o número de calzado 

numero calzado


E por último,  analizamos os pesos e as alturas: quen pesaba máis, quen era a máis alta, se había nenos en nenas que pesaban ou medían o mesmo.... 
barras
barras 1

Comprobamos que cada unha e cada un de nós era único e irrepetible, e que había cousas que compartiamos e outras que nos facían diferentes. 
Que sorte non ser todos iguais!!