9 de febrero de 2015

ROBBY & PATCH AT LEO'S HOUSE!

Bo día a todos e todas;

Volvemos a andar por aquí e esta vez para contarvos que estivemos na casa de Leo e a súa familia e pasámolo pipa!
 Saímos do cole e marchamos para a súa casa onde estivemos xogando a reo co scooter e logo co kart. A Leo e mais a Robby gústanos máis o primeiro, a Patch gústame máis o segundo.Despois aseámonos, e descansamos un chisco antes de cear para pouco despois deitarnos.
Despois dunha longa noite de sono e descanso, erguémonos e fomos a almorzar, para logo cepillar os  dentes, e gastámoslle unha broma a Leo e á súa familia escondéndonos na lavadora. Vaia risas nos botamos! Foi divertidísimo, aínda que Leo non tardou moito en atoparnos. Despois marchamos para o cole a gozar, aprender e compartir todo con todos e todas.

A continuación veredes as fotos que esperamos vos gusten tanto a vós como a nos, e despedímonos ata moi pronto agradecéndolle a Leo e a súa familia os coidados e mimos prestados.



1. Playing

2. Karting

3. Nice & clean

4. Just relaxing

5. ZzZzZzZz...

6. Breakfast

7. Hide and Seek

8. Teeth time

6 de febrero de 2015

4 de febrero de 2015

Día de Folerpas e Sorrisos!!

Esta mañá foi moi especial.
Chegamos ao cole e....estaba todo nevado!!! Dende que chegamos estabamos con moitísimas ganas de saír a tocala...pisala...lanzala e xogar con ela.
Pasamos un ratiño estupendísimo...como mola o inverno!!



Neve1
neve 2
neve4
 

2 de febrero de 2015

ROBBY & PATCH AT JAIRO'S HOUSE!

Boas a todos e todas;

Aquí estamos Robby e Patch de novo, para compartir con vós a vivencia con Jairo e a súa familia hai uns días. E outro día máis, gozamos infinito. Fomos ao parque, xogamos ao escondite -que por certo ,atopar a Robby costounos... naceu para xogar a este xogo-, merendamos, peiteáronos -que foi unha gozada-, coñecemos a unha cobaia chamada Lila... E cando nos demos conta, xa rematara o día e había que deitarse, e durmimos e descansamos de fábula. 

Aquí vos deixamos as fotos que esperamos que vos gusten tanto como a nós, e ao mesmo tempo queremos agradecerlle a Jairo e á súa familia tanta atención, amor e cariño.

'Til next time!


1. At the pond

2. Hide & seek

3. Boooo...

4. Hamster

5. Brush my knots

6. Night night, sleep tight