28 de octubre de 2013

Vistia ao Obradoiro de Instrumentos Tradicionais "Xaneco"

O pasado venres 25 de outubro os nenos e nenas de 2º, 3º de infantil e  1º de EP fixemos unha excursión moi divertida na que aprendemos un montón de cousas. 
Tivemos a sorte de visitar  o Obradoiro de Instrumentos tradicionais de Xaneco. Nós xa coñeciamos moitas cousiñas destes instrumentos pero a visita a este obradoiro descubriunos moitas outras. Alí coñecemos a Xaneco, un artesán entrañable que nos amosou todos os segredos do seu obradoiro.

2
4




1
 

 Foi xenial ver como coas súas mans e  dunhas táboas de madeira, anacos de pelexo ou cordas, axudado de  todas as ferramentas e inventos propios que alí tiña, consegue eses instrumentos que logo nós tocamos na aula.

3
 

 Nós tamén quixemos amosarlle as moitas cousas que aprendemos e ao final non puidemos resistirnos a cantarlle unhas cantigas que el tamén sabía e acompañou con algún dos seus instrumentos. 
A visita chegaba á súa fin pero... o día de música non rematou aí!!
 Pola tarde tivemos a oportunidade de cantar e bailar cos nosos compañeiros e compañeiras de 2º da ESO. Aproveitando que dentro de pouquiño chegará a festa do magosto dispuxémonos a ensaiar entre todos e todas e convidamos tamén aos nenos e nenas de 1º EI.


6
7
8

 Foi moi divertido rematar a semana deste xeito. Agora seguiremos ensaiando para preparar a festa do magosto.

 Ata pronto!!!

24 de octubre de 2013

Descubrimos a ciencia!!

Ola a todos e todas! Acaban de comezar os Obradoiros de Experimentos nos que participamos os nenos e nenas de 3º EI e 1º EP. Aquí vos deixamos unhas fotos nas que podedes comprobar empíricamente o moito que traballamos. 

Falamos sobre a ciencia e os experimentos, que son e para que nos serven. Unha vez tivemos isto claro comezamos co noso primeiro experimento... a flotación. Servíndonos de vasos e culleres realizamos diversas mesturas con auga: café, cacao, arroz, pasta, azucre, sal, maionesa, aceite, fariña...
Sabiades que o aceite e a auga non se mesturan???... o aceite flota na auga!!!





  Tamén quixemos comprobar que pasaba con diversos materiais: plástico, madeira, papel...
E deixamos  para o final o mellor:  quixemos ver como conseguir que un  ovo, que normalmente afunde na auga,   con un pouco de maxia científica pode  flotar?
POIS SIIIIII:  ... engadimos sal e FLOTABA!!

Obradoiro Experimentos 3

Para rematar a sesión puxemos en común as conclusións ás que chegamos e quedamos con ganas de realizar os seguintes experimentos, que seguro nos depararán moitas máis sorpresas e aprendizaxes.

Que vos parece a vós??

21 de octubre de 2013

Investigando no horto

As nenas e nenos de 3º de E.I. e 1º de E.P. iniciamos as tarefas do horto.
Preparámonos na clase, as botas son importantes para protexer os pés da auga .


foto 1


  Levamos a compostaxe os restos orgánicos que xeramos no comedor , con isto faremos abono para preparar na primavera a terra para sementar. Había restos de froitas, leituga, cascas de ovos,... e tamén algunha miñoca. Ao final cubrimos todo con terra.
 Canto traballo!!

foto 2
foto 3 -3

Tamén recollemos tomates.Estaban maduriños, que ricos!!

horto  4-4


E despois de tanto traballo aínda nos quedou tempo para gozar na poza, vendo as ras, os zapateiros...

foto 6-6
foto 7-7
  

15 de octubre de 2013

Poboando a charca

Os nenos e nenas de 1º de E.P. durante a Estadía de Outono recollemos, con Elia, algúns animais no río Rato, e hoxe tocaba deixalos na charca do Cole. Se queredes ver o ben que o pasamos na estadía visitade O blog da Aula de Natureza Trevia
 Fomos quen de observar ás ras, aos sapos e tamén aos insectos que poboaban a poza, para elo tivemos que estar en silencio e cos ollos e os oídos ben abertos. Para que vexades o ben que o pasamos deixámovos estas fotos.


charca 3-3
charca 2-2
charca 1-1

 
charca 4-4

12 de octubre de 2013

Os aniversarios en Infantil

Os aniversarios son un acontecemento moi especial para todos e todas así que acordamos que a partir de agora compartiremos con vós, lectores e lectoras, a celebración no cole  deste día especial no que cada un de nós é o protagonista.  Farémolo con unha entradiña cada mes na que recompilaremos as celebracións dos nenos e nenas que nese mes o celebramos.

Nas aulas de infantil a celebración do cumple facémola traendo unha torta para compartir cos compañeiros e compañeiras da aula. As nosas profes agasállannos cunha coroa feita con materiais de refugallo da aula para enfeitarnos e identificarnos como "cumpleaneiros" e lucímola todo o día nos diferentes momentos e espazos. Na hora do almorzo cantamos, soplamos as candeas e... comemos o doce. É un momento moi  significativo. Nas primeiras celebracións estamos un  pouco nerviosos e cando imos medrando estamos esperando con moita ilusión que chegue o gran día.

Aquí vos deixamos unha mostra dos que cumplimos en setembro: En 1º EI, a "Clase das Bolboretas" 

Cumples setembro 1ºEI 


 En 2º EI,  "Clase das Arañas" 

Cumples setembro 2º EI 


En 3º EI, a "Clase das Águias" 

Cumpleanos setembro 3ºEI 

 Agardamos que vos gusten as nosas fotos e para o mes que vén... máis celebracións!!