23 de abril de 2013

Proxecto como nacemos-os bebés en 3º EI

Por fin, despois de tanto tempo con este proxecto, estamos aquí para poder compartir un anaquiño da experiencia durante todo o curso con vós. 
A verdade é que preferimos contárvolo agora cara ó final do proxecto en lugar de por partes ao longo do curso para que teñades unha visión un pouco máis completa do que supón traballar por porxectos nas nosas aulas.

O inicio de calquer proxecto ven sempre marcado por un acontecemento ou situación que desperta un interese especial en nós, e comezamos a facernos preguntas, a debater  e....en definitiva a poñer a nosa cabeciña a andar.
Neste caso o punto de partida foi Cris, a mamá de Ángel, que cando comezamos o curso démonos conta de que a súa barriga estaba a medrar cada día máis. En canto aparecía na porta da aula para recoller a Ángel todos e todas corriamos a vela. a tocar a súa barrigoliña, a preguntarlle que había dentro, cando sairía o bebé etc...... 
Así empezou a nosa curiosidade por saber como comía o bebé alí dentro, como podía respirar, si se movía ou non, cando sairía e como, como sería o bebé......
Polo que  decidimos recoller nun panel ben grande aquelas cousas das que falabamos constantemente, para así poder recoñecer o  que xa sabiamos e o que queriamos saber. 
panel
  
Despois no propio panel fomos engadindo aquelas cousas que traiamos da casa para ir recabando a información: fotos de cando eramos bebés, datos de como, cando, onde nacimos, como eramos cando nacimos....
Durante moitos días escollemos o xogo de bebés nos rincóns de aula e, mirando revistas e buscando imaxes na rede descubrimos unha xenial forma de levar aos bebés, ben pretiño das súas mamás e papás que é como máis lles gusta ir. E practicamos claro que si, aquí nos podedes ver cos nosos portabebés.
porteando
 Xa vedes que fommos indagando naqueles temas que a nós nos preocupaban, somos nós os que decidimos que rumbo toman as nosas aprendizaxes guiados pola nosa profe. 
Tamén fomos recompilando información de moitas e moi variadas fontes: por unha banda as nosas familias nestes proxectos son moi importantes. Elas nos axudan a respostar a moitas das nosas preguntas...quen mellor que elas para contarnos cousiñas de cando nacimos verdade?? Pero tamén nos axudan a buscar información en internet, nos libros e revistas que temos na casa e  nas bibliotecas. 
No cole tamén fixemos a nosa busca en internet, nas aulas, na biblioteca do centro e na biblioteca Nodal. Toda esa información estivo na aula para seleccionala, clasificala e porcesala. 

libros
  

Os días foron pasando e...por fin chegou o gran día!!!

 Con tan só 15 días de vida tivemos na aula unha visita do máis especial: A MAMÁ DE ÁNGEL CO BEBÉ. Podedes imaxinar o emocionate que foi para nós poder ver, tocar, ulir, sentir a presenza daquel bebé que durante tanto tempo imaxinamos!. 

daniella2
daniella1
 Foi uha tarde moi moi especial. Fixémoslle a Cris un montón de preguntas sobre o nacemento e tamén coidados que un bebé tan pequeniño requiren. E sobre todo admiramos a Daniella, sorprendeunos o seu olor, suavidade da pel, delicadeza...cantas ganas de achuchala.

 E esta visita fixo medrar aínda máis se cabe o noso interese e a  intensidade do proxecto, xa non só no que se refire ao nacemento dos bebés, senón que quixemos ir recollendo información sobre nós mesmos.

medimonos
 Entre outras cousas chamounos moito a atención o que medramos dende que nacimos. Así que decidimos medirnos agora e así poder comparar co que mediamos cando nacimos. Comparando entre unhas medidas e outras sorprendeunos que a pesares de ser agora bastante distintos en medidas, cando nacimos eramos todos e todas moi parecidos.  

E con todas as reflexións e información que fomos recollendo, quixemos facer un libro con aquelas cuestións que nos paeceron máis importantes de como nacimos nós. A súa elaboración foi longa e complexa xa que cada páxina do mesmo requería de nós un proceso de reflexión, selección e reproducción do aprendido importante.
mami embarazada
 Queremos amosarvos aquí unha das páxinas nas que representamos ás nosas mamás embarazadas. O texto que acompaña a esta ilustración fixémolo no ordenador e despois imprimímolo e recortámolo para editalo.  

Con  todos os contidos que  acordamos que encheriamos,  editamos o noso libro e coa axuda duns cartaces que tiñamos de refugallo fixemos as follas nas que pegamos os textos e ilustracións (con diferentes técnicas-debuxo, platilina, collage....) que despois cosimos con cordón de algodón. 
Fixemos a portada na que figura o Título (cada un escolleu o seu), autores/as e ilustradores/as así como a Editorial Galén. 
E antes de levalos para a casa, quixemos expoñelos no corredor para que os que gustaran  puideran  botarlles un ollo ás nosas historias

llibros
.  
 E así foi como estivemos nin máis nin menos que 7 meses con este proxecto que tanto tanto nos enriqueceu e no que con tanto gusto estivemos a traballar. 
O que vos amosamos  aquí é só unha pequena mostra, as verdadeiras aprendizaxes e experiencias as levamos dentro cada un de nós. 
Queremos dende aquí agradecer a todas as familias a súa colaboración no proxecto e especialmente a Cris xa que sin a súa implicación todo esto non sería posible. Millóns de gracias!!!

14 de abril de 2013

Robby and Patch at Ana's house!

Hello everyone!

Como xa fixemos o ano pasado, Robby e Patch fomos á casa de Ana a pasar a fin de semana. Como podedes ver nas fotos, fixemos gran cantidade de cousas cotiás e moi variadas. 
Este ano novamente, e xa a partir da semana que vén, os nosos amigos Robby e Patch pasarán unha tarde coa súa noite con cada un dos nenos e nenas da clase das fadas onde poderemos coidalos, xogar con eles e facer o de todos os días coa súa compaña, e voltar ao cole xuntos ao día seguinte. Será superdivertido. 
Se facemos fotos, poderemos así compartilas cos nosos compañeiros e compañeiras e aquí no blog.
Esperamos vos guste esta aventura.


Robby & Patch playing in the garden
Ana presentounos a dous amiguiños caninos: Joe e Liza.
Xogamos coas nosas balls e mesmo ao hide and seek.


Robby & Patch storytime
Puidemos coñecer a Kermit, unha ra moi simpática, e famosa!
Xogamos, merendamos e Ana leunos un conto en inglés coas aventuras de
 Gerónimo Stilton, e isto ao aire libre. Fixo moi bo día.


Robby & Patch washing the car
Axudamos a Ana a lavar o seu coche. Quedou coma novo.


Robby & Patch story and bedtime
Antes de durmir Kermit rematou o conto que empezara Ana.
Que ben se durme e descansa na cama de Ana.


Robby & Patch's breakfast
Pola mañá, Ana preparounos un almorzo rico e completo.


Robby & Patch watering the plants
Kermit marchou despois de xantar e nós, logo de descansar unha miguiña,
regamos as plantas... 


Robby & Patch waffles
... fixemos waffles, comémolas (estaban deeeelicious) e 
recollemos a cociña e...


Robby & Patch reading time
... lemos un conto.

Foi unha fin de semana xenial!


9 de abril de 2013

Patch: Robby's best friend!

HI!

POR FIN AS FADAS coñecemos a ese gran amigo do que tanto nos fala Robby: Patch. Este é un can cunha manchiña no ollo dereito que lle queda moi ben e que é moi gracioso e divertido.

Cando nos presentaron a Robby comprobamos que era moi tímido e Ana tiña que agudizar moito o oído para escoitalo e dicirnos todo o que el non se atrevía a contarnos directamente. Agora, despois de varios meses, xa non, Robby fala alto e claro. Gústanos moito porque é moi agarimoso e divertido.

Patch, en cambio, é moito máis extrovertido, sen deixar de ser igualmente cariñoso e atento. Ás veces asústanos cun ladrido imprevisto. Fainos rir moito.

Despois de todas as formalidades, pasamos directamente aos xogos. Esta vez con Patch e Robby. Non sabiamos a que atender. Foi superdivertido. E como sempre, durante varios días, gozamos con xogos varios, coloreamos, lemos, cantamos, escoitamos contos, vimos debuxos animados e todo isto con ganas de seguir aprendendo gozando.

Aquí vos deixamos as fotos que así o mostran.

Meeting Patch


Playing with Patch


Colouring Patch


Patch's blue ball

Visita de Samuel

Ola! Antes de Semana Santa en Galén recibimos unha visita que nos emocionou moitísimo, Samuel e a súa familia: Isabel, Xabel e Álvaro! Foi un día estupendo!
Comezamos coa celebración do cumple de Samuel, que trouxo tortas exquisitas que compartimos con moito gusto. Aquí vos deixamos algunha foto que amosa o contentos que nos puxemos!

Visita Samu


Ao longo do día fixemos as rutinas como darlle de comer a Sirenita (a nosa tartaruga) que o fixo Samu porque lle facía moita ilusión. Pola tarde tivemos "Saca a Lingua" e pasámolo xenial xogando e falando galego (xa sabedes que o de aprender divertíndonos se nos dá moi moi ben). E a verdade é que foi perfecto que a visita de Samuel coincidise con este obradoiro  porque un paxariño nos contou que bota moito en falta que   lle falen na nosa lingua.

Queremos tamén dende aquí darlles as grazas a Samuel, Isabel, Xabel e Álvaro polo esforzo que fixeron ao vir dende Verín a vernos. Sabedes que nos encanta que nos veñades ver, e estamos cheos de optimismo e ledicia porque sabemos que é a primeira de moitas visitas!
 Grazas de corazón porque foi fermoso estar todos xuntos de novo e... por suposto, seguiremos en contacto!















3 de abril de 2013

Visita papá Álvaro

Na clase das Sereas, antes das vacacións, tivemos a sorte de contar coa visita do papá de Álvaro que veu a contarnos como se constrúen as casas. A verdade é que foi alucinante ver co programa do ordenador como se ía facendo a casa parte por parte.
Jesús falounos da importancia dos materiais reciclados, a enerxía solar etc...para que de cara ao futuro o noso planeta siga a ser un lugra habitable.
E quedamos con moitas ganas de iniciar un proxecto....xa vos iremos contando!!


papa alvaro

 Grazas Jesús pola túa colaboración, esperamos poder seguir contando contigo para seguir co proxecto.