10 de mayo de 2012

Video Oficial

AQUÍ podedes ver o videoclip oficial, o resultado dun fermosos traballo ideado, creado, dirixido, escrito, soñado .... polos rapaces e rapazas de 3º ESO e no que participamos todos os nenos e nenas de Galén.
Grazas!!!

7 de mayo de 2012

Estrea....de CINE!!!


Siiii, hoxe foi a grande estrea do videoclip no que levamos a traballar con moito cariño e esforzo no cole dende hai xa algún tempo. E foi unha estrea de verdade, en pantalla grande.
Si, si, esta mañá todos os nenos e nenas de Galén fomos aos Multicines Centro á estrea do videoclip "Lávate las manos" que os rapaces e rapazas de 3º ESO crearon, escribiron, dirixiron, cantaron.... e no que tivemos a sorte de participar. Xa vos falaramos deste proxecto aquí recordades????
 Pois foi unha mañá moi moi especial e gustounos moitísimo sentirnos portagonistas unha vez máis de cousas tan grandes.
 E aquí tedes algúns enlaces da repercusión do noso traballo en diferentes medios...... e seguiremos contando seguro que si!
 No telediario da primeira das 21 a partir do minuto 5
 No telexornal da RTVE Na TVG
E tamén na prensa:
 El Progreso
La Voz de Galicia

Patch at Adrián's house!

Hi everyone! Hai unhas semanas Patch marchou con Adrián para a súa casa para pasar o que quedaba de día e toda a noite con el e a súa familia. Fixeron gran cantidade de cousas xuntos. Ademais de merendar, xogar e cear, leron, bañáronse, viron un pouco a tele, durmiron xuntiños e preparáronse para voltar ao cole á mañá seguinte. Foi verdadeiramente marabilloso. Aquí nos quedan algunhas fotos fantásticas. Moitas grazas por compartilas con todos nós! 04. Reading 05. Playing 06. Bath 08. Dinner

Robby at Laura's house!

Hello!! Hai dúas semanas Robby pasou a tarde e a noite con Laura. Contoume logo Robby que o pasara pipa e non me estraña. Xogaron, cearon, durmiron xuntos, e ao día sequinte, despois de almorzar, voltaron xuntos ao cole. Aquí nos quedan slgunhas fotos para gozarmos delas. Moitas grazas por compartilas con todos nós! 1. Computer time 3. Playtime 4. Bedtime 6. Breakfast time

Robby at Samuel's house!

Ola! Robby estivo hai dúas semanas na casa de Samuel e a súa familia. Contoume toda a cantidade de cousas que fixeron e foi un día intenso e moi divertido. Ademais de xogar, leron, cociñaron, cearon,relaxáronse, durmiron xuntiños, almorzaron e volveron ao cole. Robby tamén me dixo que coñeceu a un oso moi amable, cariñoso e divertido: Winnie the Pooh! Aquí nos quedan algunhas fotos para gozar delas. Moitas grazas por compartilas con nós! 1 -Welcome home 5 - Playing 2 6 - Cooking!! 3 - Reading