26 de septiembre de 2013

Empeza o cole....empeza Cantarela!

E seguimos coas actividades especiais de inicio de curso. Desta volta tocoulle á Escola de Música Cantarela.
O  martes tivemos a oportunidade de ver un concerto moi especial que os profes da Escola de Música  prepararon para todos os nenos e nenas do cole. Foi o primeiro concerto dos moitos que  imos poder ver durante este  curso no que coñecemos aos profes que ensinarán a tocar a batería, a gaita, o piano, o clarinete, o acordeón... e a guitarra  que non é outra que a nosa mestra de Música e Movemento, Andrea!!

Foi un concerto moi divertido e  xa temos ganas de que chegue o seguinte e sexan os nosos compañeiros e compañeiras maiores os que sexan protagonistas....e  nós tamén nalgún momento seremos grandes estrelas da música..!!

Presentámosvos entón aos profes e músicos cos seus instrumentos:


 Aquí vedes a Tania co acordeón, Oleg co clarinete e Alis co violoncello.

 Antonio o percusionista coa batería e a darbuka e Mus á guitarra eléctrica.


Silvia ao piano, Andrea ( a nosa profe de música e movemento) na guitarra e Yideira co seu baixo (ademais tamén é profe de piano)
 E aquí podedes ver a Hugo que nos trouxo un instrumento que nunca antes viramos: o violín eléctrivo. E David, o noso profe de música, coa gaita (xa sabedes que tamén toca a zanfona, as culleres, as tarrañoalas, a flauta e.....buf unha chea de instrumentos)

E así de atentos estivemos durante o conerto!!

Está a ser, coma sempre, un inicio de curso moi moi intenso aínda que pensandoo ben....cada día no cole Galén é moi intenso e con moitas moitas experiencias xeniais para vivir. Non vos parece??

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!