5 de enero de 2013

E chegou o Apalpador!

Apalpador3


            Como non podía ser menos, visitounos tamén o Apalpador, personaxe da cultura galega que como o ano pasado prometera na súa primeira visita ao cole, volveu este ano para ver se as nosas barriguiñas estaban ben mantidas. Podedes ver a visita do pasado curso aquí así como ampliar información sobre este entrañable home que vive nas montañas do Courel, as nosas montañas!!

 Pois este ano chegou nun momento tamén moi especial para nós: a Chocolatada. E claro!     as nosas barriguiñas desta volta si que estaban ben ben mantidas...mirade:
churros
collage apalpador1Apalpador2
apalpador1

  E como todos os anos tamén dentro do proxecto de investigación do Nadal aprendimos a cantiga,  falamos sobre el e sobre o lugar onde vive e limos os contos que contan a súa historia:

 "O Apalpador vive nas devesas do  Courel desde hai tantos anos que ninguén sabe xa cantos ten......pasa o día a apañar madeira...aproveita para recoller castañas...pola noite de Nadal baixa a todas as casas...cunha morea de agasallos para repartir...con agarimo para non os espertar aloumiñalles as barriguiñas para ver se están mantidos....e bìsballes amodiño: Así, así esteades todo o ano!...e deixalles unha presa de castañas na mesa de noite...e os agasallos agochados pola casa...a atopalos!"

 Estes son algúns fragmentos do conto de Xoán G. publicado pola ed. Biblos "O Apalpador" que vos recomendamos ademais de outros moitos publicados ao redor da figura do Apalpabarriga.

Na coluna da esquerda do blogue tedes un enlace directo ao sitio web do Apalpador, e outros enlaces son:

Wikipedia
Vieiros da escola
LIbro Antón e o Apalpador
Galicia Encantada

E con música queremos despedir esta penúltima entradiña de Nadal...a última nestes días caerá.
Pois así, con Malvela nos despedimos do Apalpador ata o ano que vén esperando o regreso do noso amiguiño o Apalpador.
"Xa chegou o día grande 
día do noso señor
xa chegou o día grande
e virá o Apalpador"


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!