31 de diciembre de 2012

Creatividade a moreas!!

Se na entrada anterior falabamos do inicio do proxecto musical, agora queremos amosarvos algunhas das nosas creacións plásticas destas datas.

Por unha banda, como final do trimestre, preparamos nas tres aulas as bolsiñas nas que transportar os nosos traballiños. E como xa sabedes que para nós é fundamental  o principio da reutilización e redución de resíduos este ano decidimos utilizar en 1º e 2º EI sabas que xa non usabamos nas casas e en 3º EI camisetas das mamás e/ou papás. Dende aquí queremos darvos as grazas a todas as familias que sempre estades moi dispostas a colaborar tamén nesta parte de búsqueda na casa.

Este era o material inicial do que partir para,  con un toque máxico, reconvertilo en bolsiñas fantásticas nas que cada trimestre meter os traballiños, e cando rematen esta función inicial as poidamos utilizar no día a día (para levar a merenda, o pixama de fin de semana etc.....!!! unha chea de usos que lles podemos dar.

Na clase das sereas e das fadas o toque máxico foi o tinguido.


tinguir fadas
  tiinguir sereas

E os leóns enfeitamos as teas cos estampados das nosas mans.
bolsas 2º

 Como xa é habitual, por esas datas o cole sempre participa nalgún proxecto solidario. Este ano colaboramos co Banco de Alimentos de Lugo.
Os rapaces e rapazas de 2º ESO foron os encargados de vir a contarnos a súa experiencia no mesmo un día de reparto pola tarde axudando e da visita ao cole da fundadora do mesmo. Viñeron ás nosas aulas despois a contarnos o que viviran e como podiamos colaborar, así que ademais de aportar comida elaboramos unha postais donativo para a recolllida de fondos cos que mercar alimentos, inspiradas no tema: unha cestiña feita con diferentes materiais e cheíña de comida.
Aquí podedes ver o que fixemos en 2º EI: a cestiña con papel de xornal enroscado e dentro metímoslle fabas, lentellas e pasta.
cestas leons
Grazas de novo familias pola vosa colaboración tamén neste proxecto porque o resultado foi un éxito tanto na recollida de alimentos como de fondos para mercalos dende o cole. E por suposto a aprendizaxe ao redor deste tema mereceu a pena, non vos parece?

              Outro dos proxectos que trae o Nadal é a elaboración de postais de felicitación.
 En infantil sempre facemos un modelo (ou dous) para a nosa familia e outro para enviar a algún neno ou nena de outra clase. O intercambio destas últimas faise o último día pola mañá e de forma un tanto peculiar porque se trata de metelas por debaixo da porta sen que nos vexan, petar nela para avisar e despois saír correndo para non ser vistos. É moi emocionante!!

En 1º e 2º a inspiración para facelas foron os alimentos. Que bonitas!
arbore fadas postais leons
E as sereas iniciamos un proceso de investigación/creación con algúns alimentos vendo as súas posibillidades plásticas.
estampar
 Para as familias este ano a clase das sereas fixo unha felicitación en 3D con material de refugallo 100%.
A silueta do nosos brazo fixo de molde para a árbores en cartón que despois enfeitamos con anaquiños que sobraron de outros traballos e a silueta de nós mesmos coa mensaxe de Nadal.       A que son chulas?
postais sereas


 Estas son só algunhas mostras da parte plástica do proxecto "Nadal" pois como é xa tradicional de novo os xoguetes co material de refugallo, os adornos para a árbore, adornos para as aulas e corredores, preparamos os traxes para a actuación..... (Upss, esto será outra entradiña....)

De momento deixámosvos con esta parte da nosa creación pero...queda moito que contar!!! esperámosvos aquí!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!