
Esta mañá, despois de moitos nervos e emocións os nenos e nenas de 3ºEI e 1º EP marchamos cara á granxa escola "El Kiriko" para vivir a nosa primeira aventura de tres días fóra da casa. Toda unha aventura!!!
Agora mesmo son as 13:45 e acabamos de chegar ao Kiriko despois dunha viaxe tranquila e con descanso para un piscolabis.
Imos deixar as cousas nos cuartos e a xantar para coller forzas porque á tarde comezan as actividades.
Para hoxe teremos piscina, merenda, gardar aos animais e un obradoiro de sons.
Á noite teredes máis novas e ao mellor hai sorte e algunha fotiño tamén. Estade atentos/as!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!