Si si, despois de acender o lume.....
21 de mayo de 2012
Fomos a un Castelo!!!
O pasado mércores vivimos unha grande aventura!!!! estivemos nun Castelo de verdade, moi pretiño de aquí, en San Paio de Narla, Friol.
Recibíunos na entrada do castelo Paquita que nos contou a historia da Raíña, a Princesa e o Criado que vivían na fortaleza hai moitos moitos anos. E despois de poñernos en coñecemento do que alí pasara fomos visitando as diferentes estancias do castelo e.....tamén coñecimos a algunhas das personaxes que alí habitaban.
Nas cocheiras atopamos á raíña da historia dentro dun carruaxe coma os que sempre vemos nos libros de contos de princesas, príncipes, raíñas e cabaleiros. E contounos que o rei andaba por fóra cazando co seu cabalo.
Vimos moitos lugares do castelo: a bodega, as cortes dos cabalos, as habitacións onde durmían e ata un berce onde durmía a princesa cando era bebé.
Como xa era hora de almorzar, decidimos ir á cociña non sin antes coller cada un un pauíño para acender o lume e poder facer.....que iriamos facer??? Tiñamos unha sorpresa esperando.
Sentada na lareira atopamos a unha bruxa moi pero que moi fea e......
bufffff....a algúns deunos algo de medo e non queriamos saber anda dela, pero ao final ata nos axudou a facer rosquillas.....
Si si, despois de acender o lume.....
fixemos rosquillas coa fariña que saíu das sementes de trigo que estaban na bodega, o leite das cabras do castelo e os ovos que puxeron as galiñas e que tivemos qeu buscar por toda a cociña. E sabedes onde estaban? pois debaixo dos bancos da cociña onde se sentaban para comer que se chaman escanos.
E con todos eses ingredientes fixemos as roscas que metimos no forno, que mentres seguiamos a visita se irían facendo para ao final podelas comer.
E mentres esperabamos a que se cocesen, seguimos de rota polo castelo.
E xa no salón sentámonos cada un nun lugar que correspondía ás diferentes personalidades que habitaban aquel lugar.
O rei e o seu cabaleiro
A raíña e princesas
As damas da corte de parola no parladoiro
E xa para rematar a visita subimos ao alto do castelo dende onde se ven as fermosas terras de Friol. Alí atopamos á outra personaxe do castelo: o cabaleiro.
Xa vedes, pasámolo xenial aínda que con algo de suspense polo cammiño saímos encantados e queremos darlle as grazas a Paquita e a todo o persoal da Fortaleza por facernos estas visitas tan divertidas, porque esta é a maneira na que os nenos e nenas máis pequenos gozan realmente da historia, da cultura e do saber.
Si si, despois de acender o lume.....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!