O martes visitamos a Biblioteca Nodal onde puidemos gozar dunha fantástica sesión de contacontos coas sempre xeniais contadoras Fátima e Marga.
Fátima contounos un conto que está alí na biblio titulado "Os dez parrulos" e coa axuda das estupendas ilustracións fomos facendo a viaxe do parruliño que se perde e vai atopando diferentes animais ao longo de mares e ríos
E Marga contounos un conto sen libro peeeeeero con tesoiras. Si, si a través das tesoiras e dos papeis que recortaba fomos coñecendo ás personaxes do conto da meniña Mariña que quería ser ratiña.
Despois estivemos na sala infantil de Lectura na compaña de Conchita a bibliotecaria, que como todos os anos nos ensina o funcionamento da Biblioteca e nos fai entrega dos nosos primeiros carnés de lectores e lectoras que facemos todos os anos para converternos en verdadeiros devoradores/as de libros
Así que agora só vos queda a vós, maiores, acompañarnos con regularidade á biblioteca para facer uso dos seus fondos e viaxar a través dos libros aos máis fermosos mundos e vivir as máis apaixoantes das aventuras.
E xa o xoves celebramos unha pequena festiña no noso corredor: a Festa do libro. E como en toda festa non podía faltar a......MÚSICA claro!!! Cantamos a canción do libro que aprendemos do disco Tic-Tac(moi moi recomendable de Pablo Díaz do que xa vos temos falado aquí no blog). E cantámola xunto con David que lle puxo a música coa súa inseparable zanfona....quedounos chulísima!!. Podedes ver a canción aquí
E despois de cantar, os nenos e nenas de 2º e 3º EI quixeron compartir con todos e todas os seus libros viaxeiros aínd asen rematar xa que seguen a ir cada día ás casa dos nenos e nenas que xunto coas súas familias escreben a historia e lle dan o contido coa súa imaxinacióne escrita. u proxecto xenial que pretende desenvolver en todos nós a creatividade e gusto pola lectura e escritura.
E compartimos os libros favoritos, e lemos, e bailamos......xa sabedes unha festa!!!
Tamén fixemos uns marcapáxinas, cada aula co seu deseñño, que despois expuxemos no corredor xunto cos libros favoritos para compartilos con todos e todas. MIrade que chulos:
-1º Ei inspirouse nos peixes para elaborar o seu marcapáxinas con pauiños dos de mirar a gorxa, foam e purpurina.
-2º Ei, con retallos de papeis de empapelar paredes fixo estas fermosas composicións
-31 Ei combinou a acuarela coa tea que sobrou de tinguir as camisetas (lemv¡brades aló por inicio de curso....)en forma de trenzas.
Que ben o pasamos si señor!!!! Ata a próximaaaa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!