Case a piques de rematar o mes de maio, o mes das flores e da chegada do bo tempo que nos fai sentir que si que estamos en primavera, celebramos a tradicional festa dos Maios dentro tame´nd as actividades das "Xornadas da cultura" que cada mes de Maio vimos celebrando. Coma sempre, entre todos os nenos e nenas de primaria construímos un maio cónico con xestas, fiúncho, fientos, laranxas e flores. Este ano en lugar de ovos quixemos darlle un aire diferente e adornámolo con decoración de papel e formas xeométricas que aportaron os nenos e nenas de 6º EP. Nós aportamos os ramiños de flores que coas nosas familias preparamos con flores silvestres e quedounos moi fermoso, xa vedes.
O venres pola tarde xuntámonos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria para festexar esta festiña tan nosa e da que tanto gozamos. E cantámoslle claro!!!
Os nenos e nenas de Primaria cantáronlle unha canción recollida en Carnota que tradicionalemnte cantaban as Maias (só nenas) vestidas de branco e enfeitadas con lazos e coroas de flores e que levaban uns arcos tamén floreados.
En infantil aprendemos un maio da Illa de Arousa que adaptamos un pouquiño á nosa realidade máis cercana cambiándolle a primeira frase. Aquí deixamos as copliñas para que cantedes con nós na casa:
A toda a xente de Lugo
cantamos de corazón
vinde ver o noso Maio
que fixemos para vós
O Maíño Maio
é moi pillabán
e quere que lle dean os cartos na man (bis)
Para facer este Maio
tivemos que ir a buscar
os fiunchos e as flores
á horta do Cantalán
Veu o Cantalán
cunha escoba vella
virounos o maio e dounos con ela (bis)
Ao longo de toda a semana estivemosa preparar a festa, investigando as súas orixes, as distintas maneiras de clebralo e recordando as cancións aprendidas outros anos. E por suposto preparando as coroas de flores que este ano foron de papel de seda e facendo unha reinterpretación do Maio para darlle cor ao noso corredor. E este ano quixemos facer unha interpretación picassiana do Maio e ademais quixemos colocalo dunha maenora un pocuo máis orixinal. Xa vedes na foto: bandas colgadas do teito con fllores cubistas feitas
con papel de xornal pintado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!