Onte, como sabedes, foi un día xenial. Pasámolo de marabilla e estabamos rendidos así que coller o sono foi fácil. Pasamos moi boa noite e esta mañá algúns de nós espertamos moi cedo polo que á hora que tiñamos previsto erguernos xa estabamos todas e todos preparados.
E a noite foi un pouco máxica porque...sabedes que??? Veu o ratiño Pérez a traerlle un agasallo a Carolina Q polo dente que lle caera. Ata aquí chegou o ratiño....pois é que é máxico claro!
Hoxe o día tamén promete. Pola mañá faremos dous obradoiros: un sobre o proceso da lá e outro chamado "historia dun ovo". E como o sol quenta dende ben cedo de seguro teremos tempo de piscina e xogos de auga.
Agora non podemos mandarvos fotos pero á noite contarémosvos como foi o día e enviaremos algunhas.
Seguimos en contato!!!!
BIQUIÑOS FAMILIAS
31 de mayo de 2012
30 de mayo de 2012
Kiriko2
Xa chegamos ao Kiriko
27 de mayo de 2012
Festa dos Maios 2012
Case a piques de rematar o mes de maio, o mes das flores e da chegada do bo tempo que nos fai sentir que si que estamos en primavera, celebramos a tradicional festa dos Maios dentro tame´nd as actividades das "Xornadas da cultura" que cada mes de Maio vimos celebrando. Coma sempre, entre todos os nenos e nenas de primaria construímos un maio cónico con xestas, fiúncho, fientos, laranxas e flores. Este ano en lugar de ovos quixemos darlle un aire diferente e adornámolo con decoración de papel e formas xeométricas que aportaron os nenos e nenas de 6º EP. Nós aportamos os ramiños de flores que coas nosas familias preparamos con flores silvestres e quedounos moi fermoso, xa vedes.
O venres pola tarde xuntámonos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria para festexar esta festiña tan nosa e da que tanto gozamos. E cantámoslle claro!!!
Os nenos e nenas de Primaria cantáronlle unha canción recollida en Carnota que tradicionalemnte cantaban as Maias (só nenas) vestidas de branco e enfeitadas con lazos e coroas de flores e que levaban uns arcos tamén floreados.
En infantil aprendemos un maio da Illa de Arousa que adaptamos un pouquiño á nosa realidade máis cercana cambiándolle a primeira frase. Aquí deixamos as copliñas para que cantedes con nós na casa:
A toda a xente de Lugo
cantamos de corazón
vinde ver o noso Maio
que fixemos para vós
O Maíño Maio
é moi pillabán
e quere que lle dean os cartos na man (bis)
Para facer este Maio
tivemos que ir a buscar
os fiunchos e as flores
á horta do Cantalán
Veu o Cantalán
cunha escoba vella
virounos o maio e dounos con ela (bis)
Ao longo de toda a semana estivemosa preparar a festa, investigando as súas orixes, as distintas maneiras de clebralo e recordando as cancións aprendidas outros anos. E por suposto preparando as coroas de flores que este ano foron de papel de seda e facendo unha reinterpretación do Maio para darlle cor ao noso corredor. E este ano quixemos facer unha interpretación picassiana do Maio e ademais quixemos colocalo dunha maenora un pocuo máis orixinal. Xa vedes na foto: bandas colgadas do teito con fllores cubistas feitas
con papel de xornal pintado.
25 de mayo de 2012
"Cousas Bonitas"
A música galega segue sacando á luz aos artistas que
a coidan e miman e por iso viu a luz, o pasado martes 22 de maio, un disco agardado
e desexado. O proxecto recibirá o nome de "aCadaCanto" e estará cargado de
sentimento, paixón e boa música nas voces e mans de Guadi Galego, Xabier Díaz,
Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero. Si vos apetece velos en directo
as primeiras datas que xa están marcadas no calendario son o 8 de Xuño no
Teatro Rosalía (A Coruña) e o 13 de Xuño no Teatro Principal de Santiago de
Compostela.
21 de mayo de 2012
Fomos a un Castelo!!!
O pasado mércores vivimos unha grande aventura!!!! estivemos nun Castelo de verdade, moi pretiño de aquí, en San Paio de Narla, Friol.
Recibíunos na entrada do castelo Paquita que nos contou a historia da Raíña, a Princesa e o Criado que vivían na fortaleza hai moitos moitos anos. E despois de poñernos en coñecemento do que alí pasara fomos visitando as diferentes estancias do castelo e.....tamén coñecimos a algunhas das personaxes que alí habitaban.
Nas cocheiras atopamos á raíña da historia dentro dun carruaxe coma os que sempre vemos nos libros de contos de princesas, príncipes, raíñas e cabaleiros. E contounos que o rei andaba por fóra cazando co seu cabalo.
Vimos moitos lugares do castelo: a bodega, as cortes dos cabalos, as habitacións onde durmían e ata un berce onde durmía a princesa cando era bebé.
Como xa era hora de almorzar, decidimos ir á cociña non sin antes coller cada un un pauíño para acender o lume e poder facer.....que iriamos facer??? Tiñamos unha sorpresa esperando.
Sentada na lareira atopamos a unha bruxa moi pero que moi fea e......
bufffff....a algúns deunos algo de medo e non queriamos saber anda dela, pero ao final ata nos axudou a facer rosquillas.....
Si si, despois de acender o lume.....
fixemos rosquillas coa fariña que saíu das sementes de trigo que estaban na bodega, o leite das cabras do castelo e os ovos que puxeron as galiñas e que tivemos qeu buscar por toda a cociña. E sabedes onde estaban? pois debaixo dos bancos da cociña onde se sentaban para comer que se chaman escanos.
E con todos eses ingredientes fixemos as roscas que metimos no forno, que mentres seguiamos a visita se irían facendo para ao final podelas comer.
E mentres esperabamos a que se cocesen, seguimos de rota polo castelo.
E xa no salón sentámonos cada un nun lugar que correspondía ás diferentes personalidades que habitaban aquel lugar.
O rei e o seu cabaleiro
A raíña e princesas
As damas da corte de parola no parladoiro
E xa para rematar a visita subimos ao alto do castelo dende onde se ven as fermosas terras de Friol. Alí atopamos á outra personaxe do castelo: o cabaleiro.
Xa vedes, pasámolo xenial aínda que con algo de suspense polo cammiño saímos encantados e queremos darlle as grazas a Paquita e a todo o persoal da Fortaleza por facernos estas visitas tan divertidas, porque esta é a maneira na que os nenos e nenas máis pequenos gozan realmente da historia, da cultura e do saber.
Si si, despois de acender o lume.....
19 de mayo de 2012
Robby at Juan's home!
Patch at Esther's home!
Robby at Adrián's home!
Patch at Aldán's home!
Hai pouquiño, Patch estivo con Aldán e familia, amigos e uns preciosos gatiños. Pasaron o día xuntos e ademais de coñecer a algúns amigos de Aldán, tamén montou na súa bici e foi a ver a uns gatiños lindísimos. Pasouno en grande, e así mo dixo. Thank you Aldán and family!
Grazas por compartir as fotos con nós.
Por certo, se queredes un precioso gatiño, falade con Catuxa.
Robby at Laura's home!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)