Xa celebramos a tradicional festa do Magosto a semana pasada e foi...todo un éxito!!
Como ledes, o mércores pasado pola tarde os nenos, nenas e profes dende 1 EI ata 1º de BAC comemos castañas, bailamos, compartimos emocións e pasamos unha tardiña moi animada.
Pero non só a festiña estivo xenial senón tamén os preparativos. Nos diferentes grupos puxemos a funcionar a nosa creatividade recicladora.
En infantil reutilizamos botellas de auga que con un pouco de trapillo e algo de maña cosendo (si si cosemos!!) fixemos uns bolsiños do máis lindos para meter as castañas.
En 1º e 2º de Primaria reutilizamos cartón ondulado das embalaxes para facer uns conos con tapiña personalizados cos nosos debuxos moi pero que moi chulos.
E como gran colofón á festa que compartimos todos os nenos, nenas, rapaces, rapazas, mozos, mozas, mestres, mestras,... Vaia, todo Galén!!! Ata Robby nos acompañou mirade mirade:

Alí, no patio, logo de comer as castañas cantamos, bailamos, rimos e sobre todo pasamos unha tarde estupenda. A banda de músicos da Escola de Música Cantarela puxeron son ás cancións e bailes que estivemos preparando nas semanas previas: "A Carolina", "Ven bailar Carmiña", "O Sacristán de Coimbra", "O Valpaso... Que ben o pasamos!!!
Menudo fieston!!! que bien lo pasan!!! rbk se puso las botas con las castañas y cuando llegó a casa no paraba de cantar "a saia da carolina ten un lagarto pintado" jajajaja. Mucho le gustó la canción, me tuvo toda la cena cantándosela..menos mal que la recordaba más o menos jeje
ResponderEliminarGenial todo!!
ResponderEliminarLa iniciativa, los preparativos, el reciclaje, la fiesta, la música, las fotos y el vídeo..!!!
Teo volvió a casa encantado!!y también, "Bailaches Carolina" se escucha en nuestra casa a todas horas!!
¡El cestito para las "chestnuts" lo guardamos como oro en paño!
Gracias!
que gusto dá saber que tamen vos cantan na casa o que aprendemos aquí no cole.
ResponderEliminarA verdade é que para ser a primeira festa do ano escolar non estivo mal verdade??
Grazas polos vosos comentarios!!
Biquiños.