Como o oídes. Os papás e mamás do grupo teñen dúas citas ao longo do curso (en novembro xa iniciado o cole e avanzado o período de adaptación, e en Maio para contarnos como foi o curso) para poder compartir inquedanzas e coñecer de primeira man como estamos no cole, que facemos e como medramos e aprendemos no cole Galén.
Nesa reunión de maiores están as nosas profes, a coordinadora da etapa e a orientadora que está presente ao longo de toda a etapa nas reunións individuais de cada familia así como tamén nestas grupais.
En Galén a comunicación coas familias e a participación das mesmas é moi importante nesta tarefa compartida que é acompañar aos nosos pequechos na aventura de medrar e aprender. De aí que ademais do contacto día a día directo coa titora(as mamás e papás entran ata as aulas cada día a levarnos e recollernos) se establezan dúas reunións individuais(como mínimo) de cada familia coa titora e a orientadora xunto coas dúas de grupo para ademais favorecer o intercambio entre as familias do mesmo e falar da evolución do grupo como tal.

Pois ben, esta primeira reunión da clase dos Dragóns foi esta semana. Os obxectivos da mesma eran:
1.Valorar a evolución do periodo de adaptación.
2.Establecer contacto entre as familias do grupo
3.Crear un clima de colaboración familia-escola con propostas de actividades conxuntas
4.Informar ás familias da metodoloxía propia de Galén na etapa de Infantil
5 .Recoller posibles suxestións das familias
Os nenos e nenas, sabendo que os papás e mamás ían estar na nosa aula, quixemos facer todo o posible para que se sentisen tan a gusto coma nós e decidimos prepararlles un delicioso Biscoito con Mazás que tiñamos na aula do Proxecto de Outono que estamos a iniciar.....e polo que vimos que sobrou.....debia estar riquísimoooooo!!!
Pero que mellor que velo para valoralo non??' Aquí tendes o video do noso período de adaptación. Disfrutádeo:
Grazas a todas ás familias por acompañarnos nunha tardiña chuviosa pero especial.
Pasamos una buena tarde; el bizcocho que nos hicieron los peques buenísimo!!! y el video muy divertido!!! emociona verlos interactuar en el cole y con los compañeros y amigos cuando nosotros no estamos delante.
ResponderEliminarEstaba bo é certo Carmen son uns grandes cociñeiros e cociñeiras. Grazas polas túas palabras!!!
ResponderEliminarSí! Una tarde especial. Aunque ya vemos salir de casa a los niños contentos y con ganas de ir al cole, no deja de ser un misterio para nosotros qué hacen y cómo pasan los días, en un espacio y con gente que son más suyos que nuestros. Así que muchas gracias a los profes por compartir con nosotros un poquito de vuestro mundo y por ser tan cariñosos, con los niños y con las familias.
ResponderEliminarEl vídeo, emocionante y emotivo! Es genial ver que tienen tanta autonomía "escondida"! Nos ha encantado!
Para as profes é un pracer e algo imprescindible tervos preto cada día pois acompañar aos vosos nenos e nenas na aventura de medrar require de colaboración, comunicación diaria. Ademais sodes unhas familias moi agradecidas. Grazas por todo!!
Eliminar