Esta última semana do mes de Outono foi intensa, emocionante e divertida grazas á preparación e celebración da festa de orixe Celta, O Samaín, que no cole traballamos dende a área de Inglés dende Infantil ata Secundaria. Así que para nós é o Halloween.
No blog de Primaria e Secundaria podedes ver a súa festa. En Infantil, como aínda nos asustamos un chisco e non entendemos da mesma maneira esta festa, gozamos da parte máis amable e gozamos moitísimo de compartir momentos moi especiais para todas e todos.
Como marca a tradición quixemos coverter as cabazas en divertidos, e un chisco terroríficos, "Jack O¨lantern" así que, que mellor que inaugurar a tanda de colaboracións nas aulas coas familias con este obradoiro do mércores dende EI ata 2º de EP!!
Así foi mooooito máis doado e por suposto máis gustoso pois que as familias participen directamente nas aulas é para nós moi moi importante.
Como podedes ver ano tras ano imos aumentando participación e contanmos con mamás, papás, avós e avoas...foi xenial!!!
Grazas a todas e todos pois para profes, nenas e nenos foi estupendo compartir con vós a tardiña e estivemos moi moi a gusto.

Despois de baleirar tantas cabazas quixemos aproveitalas ao máximo: as pebidas foron á horta para que o vindeiro outono poidamos recoller mooooitas cabazas de novo e coa carne......Pois a COCIÑAR!!!!

Cabaza cocida, un pouco de aceite, fariña, azucre moreno, levadura, pebidas de chocolate e......ao forno!!!
xa vedes que molde tan chulo nos prestou a mamá de Valeria!!!...............e estaba riquísimo!!!
Esta é a mesma receita que utilizamos para as magdalenas de cabaza que fixemos na estadía as nenas e nenos de 1ºEP, só cambia o molde. Animádevos a facelo e...contádenos como vos saíu vale???
E tamén houbo tempo para a música e o espectáculo. Para algúns de nós foi a estrea de verdade pois foi a nosa primeira actuación ante o público!!!
Nos primeiros momentos estabamos expectantes e incluso un chisco cortados pero...pouco a pouco fomos animándonos e gozando do momento.....que vos parece???

Nos primeiros momentos estabamos expectantes e incluso un chisco cortados pero...pouco a pouco fomos animándonos e gozando do momento.....que vos parece???
que riquiños!!!
ResponderEliminarQue ben o pasamos ese día!!
ResponderEliminarlove it !!!!
ResponderEliminarMuy divertido el Obradoiro de Cabazas, a pesar de que algunos tuvimos que llevarnos los deberes a casa!Pero es estupendo pasar tiempo con los peques y mancharnos las manos a la vez!
ResponderEliminarY nos encanta el baile de Halloween!!Qué marcha tienen!!y qué terroríficos!!
Genial!!