Unha vez máis queremos agradecerlles a súa sempre boa disposición a compartir con nós os seus saberes sobre o mundo das aves e o seu estupendo espazo natural. Grazas, encántanos reencontrarnos ano tras ano con vós.
Os máis pequenos iniciámonos no mundo das aves e os que levamos anos indo tiñamos moitas moitas ganas de volver a ver e recordar...e recordabamos moitas cousas si....e ampliamos coñecementos e por suposto experiencias, emocións e aventuras.
Alberto e Enrique foron guiándonos polos diferentes espazos: a zona de incubación, os escondrixos onde as aves poñen os oviños, a corte das vacas, o galiñeiro, a zona dos chivos etc.....
Vimos e tocamos diferentes ovos de animais....dende o máis grande da avestruz ata o máis pequeno de canario así como os niños onde as mamás ou papás os quentan ata que saen os bebés.
Na zona das incibadoras vimos como estas máquinas fan as veces de mamá que quenta os oviños, como se sabe se un ovo ten embrión ou é para comer e puidemos tocar a un poliño de faisán que recén saíra do ovo
Tamén comprobamos os diferentes tamaños de cráneos de diferentes mamíferos. O máis grande de xabarín e o máis pequeno de toupiña.
Andivemos na busca dos agochos que hai para que as aves aniñen, e ademais de comprobar se había bichiño dentro quixemos comprobar que se sinte alí dentro meténdonos en todos os recunchiños que
atopabamos.
E estivemos coas que cada ano son as estrelas da visita: as cabras e os ñandús. E ademais este ano había novidades xa que Domingo, o ñandú, tiña novos compañeiros e compañeiras. E tiñamos preparado un cubo con pan para darlles de comer aos Chivos chivóns, como os do conto!!
Este ano tamén contamos coa participación de algunhas familias que nos acompañaron no percorrido, no xantar e despois compartiron o rato de xogos. Grazas a todas e a todos, pasámolo moi moi ben e parece que estivemos todos moi a gusto verdade??? é xenial poder compartir momentos familia-escola dunha forma tan distendida e compartindo momentos cos nenos e nenas.
...
E xa chegada a hora de marchar estaba agardándonos Alberto con unha sorpresa: plumas dos pavos reais que nos acompañaron todo o día dende o alto dos tellados. Que chulas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!