A tardiña e noite de onte foron xeniais! cando chegamos da praia fomos á craballeira e....sorpresa!!!! atopamos a casiña dunha fada que andaba na procura dun elfo que lle fixera compaña para poder xogar xuntos. E así con esta "Fairy" e "Elf" que falaba en inglés pasamos un rato divertido e ....axudámoslles a atopar ao Elfo.
Despois de xogar un ratiño no bosque das fadas e dos elfos tocou ducha. E foi moi moi especial compartir o momento baño cos nosos compañeiros e compañeiras e os profes que nos axudaron a organizarnos e vestirnos para a cea e velada.
Ceamos e despois......grande foliada con lume de campamento. Si, si, como ledes, tivemos músicos e nós fixemos de danzantes. Aquí tedes as fotos, non de moi boa calidade pero vese a esencia do momento verdade?
E cando as pernas non daban para máis bailes e os ollos empezaban a pecharse metímonos nas tendas de campaña, cada grupiño co profe que elexira: Ana, David, Carmen e Cris.
E durmimos, si, durmimos todos e todas sen problema, a gustiño cos nosos amiguiños e as nosas profes que tanto nos coidan e acompañan nesta grande aventura que é medrar.
Hoxe quédanos unha mañá do máis intensa con obradoiros e algunha sorpresa máis e a tarde adicarémola a descansar e ver unha peli de fadas, claro!
Cando remate o día contarémosvos como foi o desenlace.
Bicos a moreas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!