Tal e como leramos o día anterior na carta que a Raíña das fadas nos manadara, tiñamos que poñernos en marcha para construír aqueles elementos indispensables que necesitabamos para converternos en auténticos elfos, fadas e trasniños do bosque.
Así que despois de almorzar e vestirnos, puxémonos mans á obra nos obradoiros e coas nosas mans fixemos: unha variña máxica, un saquiños para gardar os polviños máxicos e un cinturón para levalos sempre ben pretiño de nós.
Estes elementos xunto coas coroas que fixeramos na aula os días antes máis a camiseta que tinguimos compuxeron a nosa indumentaria de seres máxicos e......funcionou siiiii!!!!
Cando rematamos apareceu a Raíña das fadas que nos nomeou a cada un de nós responsable de un elemento da natureza porque.....sabedes? os elfos, fadas e trasnos se encargan de que a natureza funcione á perfección: a fada da luz, o elfo do vento, o trasno das volvoretas.......
Esa fada grande é ela, a Raíña das Fadas.
Aquí nos tedes os días antes preparando as camisetas
E ademais a Raíña traía un mapa que indicaba o camiñona seguir no bosque para atopar un cofre cheo de doces da natureza que.....ATOPAMOS!!!.
E despois de un longo día de emocións e aventuras só nos quedaba "xogar a ser" no bosque máxico.
Foi unha experiencia estupenda e aínda que cansos o xoves pola tarde, estamos desexando poder repetir experiencia o curso que ven!!!
E aos papás e mamás, que vos pareceu??? Estaría xenial que compartiramos a través deste blog as vosas sensacións, impresións e como vivístes esta aventura tamén para vós. Esperamos os comentarios!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!