Grazas ás mamás de Carla e Sara o pasado martes puidemos gozar da natureza e das marabillas que esta nos ofrece nas diferentes épocas do ano. Desta volta puidemos recolectar elementos naturais propios da estación na que estamos e gozar da finca tan estupenda que compartiron con nós. Recollemos cogumelos, follas , frambuesas, landras e castañas que levamos ás aulas para completar o proxecto no que estamos sobre o outono.
Tamén puidemos ver aos coelliños e as súas tobeiras no chan, entre os fientos e excavadas na terra que nos deron moito que pensar e preguntar: ....para que as fan?, por onde saen despois de entrar?, por que non se deixan ver? etc.....
Tamén descubrimos onde nacen os kiwis aínda que non puidemos recolleitar ningún porque hai que deixalos madurecer. E vendo os Kiwis chamounos moito a atención esta "roupa" colgada nos arredores .... o "avó Pepe" contounos que era para espantar aos paxaros e protexer así os kiwis...sorprendeunos moito este uso. Que inxeniosos son sempre os avós verdade?
Carla e Sara fixeron de guías da visita, ensinándonos lugares segredos entre os fientos, descubrindo onde poder atopar cogumelos e sobre todo compartiron con nós este lugar privilexiado no que tamén houbo tempo para o xogo.
Xa vedes o ben que o pasamos. Dende quí agradecer a Belén e Luísa a súa sempre boa disposición a colaborar, agradecer o almorzo tan rico que coma sempre nos tiñan preparado e como non ao avó Pepe por descubrirnos os seus segredos e transimitir a súa sabiduría sobre a nautreza. E como non, tamén agradecerlle á avoa a sempre cálida benvida e acollemento na súa casiña. Este ano almorzamos quentiños ao carón da cociña de leña e degustamos a repostería de Luísa feita con moito agarimo.
Grazas de verdade.
E xa sabedes todas as mamás e papás que estamos sempre abertos a posibles colaboracións, xa sexa ir con vós fóra do cole como recibirvos nas nosas aulas para compartir con vós un ratiño especial e moi moi gratificante e motivador. Podedes ver as experiencias de outras familais neste sentido nas diferentes entradas do blog. Mirade aquí.
Xa sabedes que estades todos e todas invitados a colaborar en proxectos ao longo do curso, animádevos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!