Hello everyone!
Hai pouco tempo celebramos unha festividade tipicamente anglosaxona: o Halloween. Durante dúas semanas estivemos a traballala de moitas e moi variadas maneiras.Para isto traballamos conxuntamente todo o centro, ideando e levando a cabo actividades para así traballala amplamente. As familias tamén colaborastes, e dende aquí aproveitamos para agradecervos a vosa inestimable participación.
Para comezar, traballamos o vocabulario básico con debuxos, xogos, libros, cancións e vídeos. O día da festa comemos un menú de medo: "Witches brew", "Bloody burgers" & "Witch's fingers" (Poción de bruxa, hamburguesa sanguenta e dedos de bruxa).
Como veredes nas fotos, tamén fixemos obradoiros decorativos, de cabazas de cociña, de lectura, de "disfraces", e como non podía ser menos nesta ocasión, cantamos, fixemos o "Trick or Treat", e na sesión de cine privada comemos doces vendo "Mickey's Halloween".
Pasámolo en grande! Xa nos tarda a festa de Halloween do ano que vén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!