
Esta fin de semana, 2-3 de abril, celébrase en A Coruña a Feira da Cultura "Achegarte" e as nosas profes recoméndavos que nos levedes xa que a programación infantil é moi apetecible e variada. Danza, teatro, música, literatura, obradoiros de arte...farán que os máis pequenos da casa o pasemos moi ben e que a experiencia poida aportanos moito.
Destacamos que na programación está Pesdelán coa profe do cole Uxía da que xa vos falamos algunha vez aquí.
Deixámosvos o programa para que vaiades escollendo (non será doado)
Xa sabedes, fin de semana cultural aí ao lado, na Coruña...gozádeo!!!
Nós iremos por suposto!!! e non vos perdades tamén "A nena e o grilo". Nós vimos este espectáculo hai un ano e está xenial!!.
ResponderEliminar