Este ano o colexio en conxunto reflexiona sobre o Cambio Climático, sobre as consecuencias do mesmo e as posibilidades de acción que temos como individuos e como colectivo. Nesta liña celebramos un certame de fotografías con ese fío conductor e nas aulas estamos a traballar sobre a pegada do ser humano no planeta.
En Educación Infantil escollemos o tema dos residuos contaminantes que xeramos e as alternativas que están na nosa man para reducir o impacto desa pegada. O próximo día 1 celebraremos a posta en común de todas as experiencias levadas a cabo nas distintas etapas e teredes información detallada da mesma.
Estes días atopamos na rede unha iniciativa de WWF da que POCOYÓ é o embaxador.
WWF é unha das maiores e máis eficaces organizacións internacionais independentes adicadas á conservación da natureza. A campaña é unha das maiores mobilizacións globais contra o cambio climático. Trátase de "A hora do planeta. Apaga a luz, acende o planeta"</
que propón apagar a luz este sábado 26 de marzo dende as 20:30 ata as 21:30 en favor do planeta.
Tedes máis información nestes enlaces:
La Hora del Planeta
Pocoyó
Dende o colexio invitámosvos a secundala.
Os pequenos xestos son os que moven o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!