O último en pasar pola clase a contarnos cousiñas do seu instrumento foi Manuel Elías, compañeiro de 4º EP que toca o violín.
Xa nos viñeran a contar algunhas cousas de instrumentos de corda pero este ten algo diferente: o arco. Non se trata dun arco cos que se cazaban antigamente os animais, non!!! É un arco co que se fregan as cordas do violín para conseguir un son hipnotizador.
Puidemos ver como na familia da corda fretada existen varios instrumentos como o contrabaixo, o violonchelo (chelo para os amigos) ou a viola.
Manuel ensinounos todos os segredos deste instrumento tan especial e tamén nos amosou o ben que o sabe tocar. Non debe de ser nada doado!!!
Graciñas Manuel por esa tarde tan divertida.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!