Nesta ocasión foron Ignacio e Carmen, alumnos de 1º ESO, os que nos achegaron dous instrumentos ben distintos pero que no fondo teñen un eixo común: as cordas que producen os seus sons.
A guitarra, tan bonita, sensible e seguramente xa coñecida por nós pero que Ignacio nos axudou a coñecer un pouco máis deleitándonos logo coa súa música.
E o piano, ese instrumento tan espectacular que se volve máis impactante se cabe en canto se despeza e vemos todo o que ten no seu interior: unha morea de cordas, mecanismos...
Foi unha tarde moi divertida e chea de música.
Grazas Carmen e Ignacio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!