As nenas e nenos de 1º de EP saímos a facer a compra, cociñamos e servimos aos nosos compañeiros e compañeiras.
Coa colaboración dos papás e mamás buscamos receitas vexetarianas para poder escoller o 1º e 2º prato e a sobremesa.
Menú vexetariano
Crema de cabaza
Macarróns con mostaza
Empanada de mazá
Dividímonos en grupos para facer a lista da compra e fomos comprar ao supermercado Gadís que está no Ceao.
No Gadis estaba esperándonos Teté e Loli. Loli explicounos como tiñamos que alimentarnos de forma saudable, e os alimentos que podiamos tomar en máis ou menos cantidade. Logo amosounos as distintas seccións do super e o tipo de alimentos que podíamos atopar en cada unha.
O grupo da crema de cabaza encargámonos de mercar todo o necesario para facer unha boa crema. Percorremos distintas seccións,pero atopamos case todo na froitaría. Mercamos patacas, cabaza, cebolas... e anotamos os prezos.
O segundo grupo mercamos os ingredientes necesarios para facer uns riquiiiisimos macarróns.
Tiñamos unha lista moi grande, e tivemos que buscar por todo o super.
E faltábanos por mercar a sobremesa: empanada de mazá. Collemos fariña, fermento,e mazás e
canela.
Por suposto, tivemos que pagar con diñeiro que levabamos e levar o tiket e as voltas.
Agora toca cociñar!!
![]() |
Facendo a masa para a empanada! |
![]() |
Estiramos a masa |
![]() |
Colocamos a mazá |
![]() |
Uhh... deliciosa!!! |
![]() |
Cortamos cenoria, cebola, ceboliño...... |
Toca servir ao resto de compañeiros e compañeiras
Bo proveito!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!