Estivemos tan atarefadas coas sorpresas e visitas máxicas que non vos contamos nada hoxe.
Durmimos moi ben, espertamos ás 08:00 e almorzamos no comedor dos maiores...en pixama!!! que gracia nos fixo.

Despois do aseo e vestirnos fixemos os obradoiros mariños e....... bueno non vos contamos máis que xa faremos unha entrada de blog completiña con imaxes.

Asora que saibades só que estamos moi ben e contentísimas contentísimos, pero tamén con ganas de que chegue a tarde para o reencontro.
Xa en nadiña nos vemos!!
Bicazos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!