As nenas e nenos da clase de Os Caracois estivemos todo o segundo trimestre investigando ao redor do tema do corpo.
O interés iniciouse cando na asemblea iniciamos un debate sobre como se diferencian os nenos das nenas. Moitos de nós falamos do pelo, dos pendentes e outros das diferencias físicas....así que inciamos por aí unha busca de información.
Buscamos na biblioteca, nas aulas, en internet, nos libros e nas enciclopedias.
Canto máis iamos lendo ian xurdindo diferentes preguntas: como nacemos, como se transforma o noso corpo cando medramos, os papás e as mamás e as diferencias entre xéneros.....
Unha chea de preguntas e mooooooitas ganas de saber!!
Ao tempo que investigabamos e comprobabamos as hipoteses que cada un de nós formulamos, fomos facendo outras cousiñas ben bonitas.
Debuxamos a nosa silueta deitándonos sobre un papel para que fose a tamaño real despois pintámolas coa cor da nosa pel (descubrimos que non todas as persoas do mundo temos a pel da mesma cor nin a mesma forma de ollos ou de pelo). Puxémoslles as partes da cara escollendo a emoción que queriamos transmitir (case todos contentos) e despois aquelas partes do corpo que nos caracterizan como nenos ou nenas: a vulva e o pene xunto cos testículos.
Despois fixémoslles a roupa e expuxémolos no corredor. Quedaron chachi!
Tamén representamos os nosos corpos en plastilina, espidos, e os dos nosos papás e mamás coas diferencias corporais que nos caracetrizan cando nos facemos maiores. Xa puidestes ver ás mamás na entrada do día da muller. Aquí tendes aos papás e a nós mesmos.

E aquí estamos nós:
Estivemos tamén a falar de como nacemos, de como se forma un bebé na barriga dunha mamá...e preguntamos ás nosas familias sobre cando nacemos nós e eramos bebés. Tamén fomos traendo información que compartir na asemblea sobre nós mesmos: canto mediamos e pesabamos cando nacemos, e trouxemos fotos deses momentos tan especiais para as nosas mamás.
Ademais aprendemos bailes e cancións sobre o corpo, a alimentación, as partes e as súas posibilidades de movemento e como non tamén en Inglés. Coma en todos os proxectos traballamos a partir dos nosos intereses a lectur, a escritura, a lóxica matemática, a ciencia......e gozamos moito moito dos logros e aprendizaxes.
O proxecto foi moi rico e intenso ademais de longo no tempo pero aprendemos moito e gozamos do proceso.
Aquí vos amosamos só unha pequena parte do mesmo e o máis importante foi a nosa vivencia e o que levamos nós dentro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!