En 1º e 2º de EP, o pasado día tivemos unha visita moi especial: a tía Enriqueta, a súa sobriña e a doutora Alimentos.
Contáronnos como tiñamos que almorzar: lacteos, cereais, froita ou zumes, torradas.....
A tía Enriqueta era unha muller mooooi presumida e moi ben alimentada, pero un pouco desmemoriada!
Tamén sabemos que un bo almorzo fai que logo esteamos toda a mañá con moita enerxía, para ler, escribir, pintar... e tamén para xogar no patio.
A tía Enriqueta traía un paraugas, pero non era para a choiva!.... era un paraugas que tiña pintados alimentos, verduras e froitas; peixe, carne e ovos; leite e manteiga, e tamén pasteis e madalenas. Pero non podemos tomar a mesma cantidade de todos os alimentos: moita froita e verdura e poucos pasteis!
E... a o final, un bo almorzo!
Bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!