
Estamos a vivir unha grande experiencia pirataaaaaa!!!!!
Si si, como oídes (ledes) estamos a pasalo moi moi ben. Tivemos un día expléndido na Illa de irás e si volverás (Cabanas). Xogamos coa area, bañámonos dúas veces e cantamos....comimos....sonequeamos de volta na galenave......en fin, que o gozamos.
Chegamos a Galén sobre as 19:00 hrs onde nos esperaba unha dramatización en inglés sobre....como converterse en piratas coa visita do auténtico Capitan Hook.
Duchámonos, ceamos e agora estamos a prepararnos para a velada, lume de campamento, música e....nun ratiño a durmir.
Aínda non podemos poñervos fotos pero mañá ao longo da mañá teredes novas de como nos foi a noite e se cadra algunha fotiño.
Un biquiño e apertiñas....que estamos moi ben!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!