Desta volta tocounos ás landras poder gozar da compaña da mamá de Alejandra, Paloma, que veu a compartir con nós algúns dos truquiños que a ela, cando era nena, tamén lle ensinou o seu pai. Quixemos compartilo coas estrelas que nos acompañaron na aula pola mañá.
A verdade é que para nós foi algo así como facer maxia:
...as follas convertéronse en frautas e asubíos
Aprendimos a diferenciar as follas que serven e as que non para facelas soar
...palillos estrela que saltan polos aires
...e mesmo facer equilibrios inncribles con palillos e faragullas de pan
Grazas Paloma por compartir todos estes truquiños tan especiais con nós.
Xa está a rematar o curso e queremos agradecervos unha vez máis ás familias a vosa colaboración xa que para nós é moi gratificante poder compartir os tempos de escola. Esperamos seguir contando con vós para o vindeiro curso.
Xa non queda tempo para máis visitas pero aínda nos queda a saída de fin de curso para poder compartir unha actividade tamén moi especial. Nestes días confirmaremos a data...estade atentos e atentas a este blog!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!