Hello again my friends,
como sabedes, estas semanas o meu amigo Patch máis eu estamos visitando aos Dragóns e ás súas familias! Por eso estou aquí unha vez máis: para contarvos as miñas aventuras desta pasada semana cos meus amigos Galván, Unai e Rebeca.
O luns, Galván levoume a coñecer a súa casa e á súa familia. Despois dun paseíño en bus, chegamos á casa! Alí xogamos a moitísimas cousas! Xa me contara o meu amigo Patch que cando el fora, Galván tiña preparados moitos xogos para pasalo xenial e o mesmo fixo na miña visita! Fixemos un crebacabezas de dragóns, bailei con Donkey ao ritmo que Galván e as súas cancións nos marcaban e ate xogamos ao xadrez!
Despois de tanto xogo, Donkey máis eu estabamos moi cansiños asi que Galván preparounos a nosa camiña e achuchounos moito moito para que tiveramos "sweet dreams." Ese foi, sen dúbida, o mellor momento do día :)


O martes, fun de visita á casa de Unai. Despois de tomar unha merenda super sana e rica, fomos pasear baixo a choiva! Pasámolo xenial dándolle voltas ao paraugas e saltando nas pozas que atopabamos polo camiño.

Ao rematar de pasear, fomos á casiña para tomar unha boa cena e descansar e así ter miles de enerxías ao día seguinte e facer unha chea de cousas no cole, coma sempre!

O mércores, Rebeca levoume a visitar a súa casa! Alí fixemos moitísimas cousas! Invitoume a un "tea" na súa casiña verde para invitados especiais, da que oíra falar e moi ben antes! Deslizámonos polo tobogán máis de mil veces e incluso montamos en bici na casa! Foi súper divertido facer tantas cousas xuntos.

Despois de tanta actividade, os dous precisabamos un pouquichiño de descanso! E deitámonos ben acochadiños! Eu axiña quedei durmido pero... e Rebe? Quedaría contando ovelliñas?

Thank you very much aos tres: Galván, Unai e Rebeca por deixarme compartir o voso día e facer uns plans tan divertidos! Están a ser unhas semanas moi intensas para min e o meu amigo Patch ultimamente. Queremos seguirvos acompañando aos demais dragóns!!!
See you soon :)
jajajajaj!! que bien los pasamos con Robby!! estuvimos a punto de pintarle la cara a él también para que hiciera juego con rbk pero no se dejó jeje.
ResponderEliminar